SOS Sanidade Pública mobilizouse en Compostela para denunciar as deficiencias da área sanitaria
Coa protesta pretenden alertar da situación na que se atopa a prestación sanitaria na Área Sanitaria de Compostela e denunciar que malia intentaren establecer canles de comunicación non obtiveron nin resposta, nin solucións ás demandas, nomeadamente as das asociacións de doentes.
En concreto, censuran que aínda non se puxo en marcha o Consello de Saúde de Área de Santiago de Compostela; a mala calidade dos produtos para inxección de insulina por parte de doentes diabéticos/as; a suba excesiva da cota de usuariosas das residencias do Sergas; e a discriminación na concesión de tratamentos oncolóxicos para doentes cun mesmo diagnóstico.