Solidariedade Sindical Internacional e apoio á vía do diálogo e a paz en Venezuela
Máis de 30 organizacións sindicais de todo o mundo veñen de facer un público un manifesto de apoio á vía do diálogo e a paz en Venezuela, promovida polos gobernos de Uruguai e México, na base do respecto á lexitimidade democrática de Nicolás Maduro e a soberanía nacional de Venezuela.
A seguir reproducimos o texto do manifesto:
Os sindicatos asinantes deste documento queremos manifestar o noso apoio á iniciativa proposta polos gobernos de Uruguai e México para instalar un diálogo pola paz en Venezuela baseada no respecto á lexitimidade democrática de Nicolás Maduro e á soberanía nacional de Venezuela. Por iso estendemos as seguintes consideracións para acompañar esta proposta co propósito de evitar e denunciar unha posíbel intervención militar estranxeira no continente:
- Os sindicatos asinantes recoñecemos a lexitimidade democrática da Asemblea Nacional Constituínte e do seu presidente Nicolás Maduro, democraticamente elixido nas eleccións convocadas por dita Asemblea nunhas eleccións libres e democráticas. Por iso rexeitamos a estratexia para desestabilizar Venezuela e derrocar o presidente lexítimo democraticamente elixido.
- Preocúpanos que a paz, a estabilidade, a cooperación e a integración na rexión estea baixo forte ameaza, produto do acoso e inxerencia externa na vida política venezolana.
- Mentres que algúns actores apostan á guerra e á intervención, outros gobernos están impulsando con moitísimo esforzo un chamamento ao diálogo e á negociación como vías lexítimas do dereito internacional para resolver os conflitos.
- Desde os nosos respectivos espazos e roles acompañamos e adherimos ás iniciativas de diálogo e negociacións políticas que teñen como obxectivo a paz na rexión e o mundo, e apoiamos a realización do próximo Cumio sobre Venezuela a realizarse en Montevideo.
6 de Febreiro do 2019
|
Organización Sindical |
País |
|
PIT CNT |
Uruguay |
|
Central Bolivariana Socialista de Trabajadores CBST |
Venezuela |
|
Central de Trabajadores de Cuba CTC |
Cuba |
|
Central dos Trabalhadores e Trabalhadoras do Brasil CTB |
Brasil |
|
Central de Trabajadores de la Argentina Autónoma (CTAA) |
Argentina |
|
Central de Trabajadores de la Argentina CTA |
Argentina |
|
Langile Abertzaleen Batzordeak LAB Sindikatua |
País Vasco |
|
Eusko Langileen Alkartasuna ELA |
País Vasco |
|
Confederación Intersindical Galega CIG |
Galiza |
|
CUT Galiza |
Galiza |
|
Unione Sindacale di Base USB |
Italia |
|
NEHAWU |
Sudáfrica |
|
Intersindical Alternativa de Catalunya IAC |
Catalunya |
|
Sindicato Andalúz de Trabajadores SAT |
Andalucia |
|
CUT Aragón |
Aragón |
|
Intersindical CSC de Catalunya |
Catalunya |
|
CST-JBE Nicaragua |
Nicaragua |
|
Frente Sindical Obrero de Canarias FSOC Canarias |
Canarias |
|
Intersindical Canaria |
Canarias |
|
COS Catalunya País |
Països Catalans |
|
Federació de treballadores de Catalunya FTC |
Catalunya |
|
UGT Sario Sáhara Occidental |
Sáhara Occidental |
|
Corriente Sindical de Izquierdas CSI |
Asturies |
|
STEILAS |
País Vasco |
|
ESK |
País Vasco |
|
Alternativa Sindical de Trabajadores AST |
Estado Español |
|
Workers Union Coalition |
Palestina |
|
Mandate |
Irlanda |
|
STC |
Córcega |
|
Intersindical Valenciana |
País Valencià |
|
Federación Judicial Argentina |
Argentina |
|
DISK |
Turquia |
|
Central Única dos Trabalhadores CUT |
Brasil |