Sobe o paro rexistrado e descende a afiliación á Seguridade Social no mes de outubro en Galiza

O desemprego afectou principalmente ao sector Servizos e á provincia de Pontevedra
Nacional - 03 Nov 2021

Os datos do paro rexistrado do mes de outubro veñen confirmar, para a CIG, os datos da EPA do III Trimestre. O desempregou incrementouse en Galiza en 991 persoas, o 0,65%, acadando as 154.045 persoas. O dato contrasta coa media do Estado español, onde o paro descendeu en 700 persoas, o 0,02%. Parello a isto descendeu tamén a afiliación á Seguridade Social nun 0,15% con 1.578 persoas afiliadas menos.

O secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria, Francisco González Sío, sinala a forte caída do emprego no sector Primario e no sector Servizos, “pola estacionalidade neste sector”, mais tamén apunta a situación da Industria que “non dá remontado e leva xa unha baixada interanual enorme pola crise que sufrimos no Norte e no Sur do país”.

González Sío responsabiliza desta situación “ás políticas da Xunta, que fan que avancemos en sentido contrario”. Nese sentido denuncia que “a aposta pola eucaliptización fai que no sector primario perderamos 404 postos de traballo neste mes, un 8%, e que a aposta polo Camiño de Santiago, ou o que é o mesmo, polo sector Servizos, fai que o mercado laboral sexa máis precario e con peores condicións´.

Paro e emigración para a mocidade

O secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria salienta ademais o número de traballadoras e traballadores sen emprego anterior, que aumentan en 446 persoas, o que “mostra a incapacidade do mercado de traballo actual para dar emprego en condicións dignas á xente moza, a xeración máis preparada da historia, á que estamos castigando a que teña que emigrar”.

Nese sentido apunta ás persoas menores de 25 anos, un colectivo sempre moi castigado, entre as que o paro aumentou neste mes un 8,74%, e nas persoas de entre 25 a 29 anos, colectivo no que se incrementou nun 3%.

Sinala ademais o feito de que o paro aumentara máis na provincia de Pontevedra e no colectivo dos homes, xa que entre as mulleres baixou en 290 persoas mentres que entre os homes aumentou en 1.281.

Considera que “isto ten moito que ver coa crise industrial que hai no Sur e en como as empresas industriais en xeral e as do sector de automoción, en particular, están baixando a súa actividade”.  

A este respecto asegura que en traballos do sector Servizos e industriais non se está contratando, e non só iso, senón que mesmo se “están desfacendo das persoas eventuais”. Unha situación que entende que vai consonte o que está acontecendo no resto do país, máis que se está vendo con máis dureza na provincia de Pontevedra, “moi dependente do sector de automoción a nivel internacional”. Por iso advirte “do que se aveciña de cara a final de ano pola crise industrial e a falta de compoñentes”.

Precariedade, temporalidade e parcialidade

Canda isto, Francisco González Sío salienta que no mes de outubro se rexistraron 89.200 contratos e que só un 8,9% deles foron indefinidos. A isto engade que o número de contratos a tempo parcial medrou nun 10,4%.

Conclúe, ante isto que se están a aplicar “as reformas laborais do PSOE de 2010 e do PP de 2012 de forma implacable”. Por iso demanda que a súa “derrogación sexa inmediata” porque “o que se está vendo é que se están aplicando as vellas receitas para saír da crise de 2008 que non serven máis que para crear pobreza laboral, traballadoras/es pobres e paro”.

Os datos máis relevantes

PERSOAS DESEMPREGADAS

 

2021

Evolución

 
 

Setembro

Outubro

Absoluta

%

A Coruña

         61.785  

         61.785  

                     -    

0,00

Lugo

         14.964  

         14.693  

-  271  

-1,81

Ourense

         17.607  

         17.573  

- 34  

-0,19

Pontevedra

         58.698  

         59.994  

              1.296  

2,21

Total

      153.054  

      154.045  

                  991  

0,65

Fonte: SEPE

 

PERSOAS PARADAS SEGUNDO SEXO

 

                                      2.021  

Evolución

 

Sexo

Setembro

Outubro

Absoluta

%

Homes

         62.376  

         63.657  

              1.281  

2,05

Mulleres

         90.678  

         90.388  

-  290  

-0,32

Fonte: SEPE

 

PERSOAS PARADAS SEGUNDO SECTOR ECONÓMICO

Sectores

2021

Evolución

 
 

Setembro

Outubro

Absoluta

%

S primario

5040

5444

                  404  

8,02

Industria

         17.143  

         17.119  

-                   24  

-0,14

Construción

         10.845  

         10.770  

-                   75  

-0,69

Servizos

      108.049  

      108.289  

                  240  

0,22

Sen emprego anterior

         11.977  

         12.423  

                  446  

3,72

Fonte: SEPE

 

PERSOAS PARADAS SEGUNDO IDADE

     

Evolución

 

Idade

Setembro

Outubro

Absoluta

%

Menor 25

6.130

6.666

                  536  

8,74

De 25  29

12.010

12.361

                  351  

2,92

De 30 a 44

47.769

47.651

-   118  

-0,25

Maior de 45

87.145

87.367

                  222  

0,25

Fonte: SEPE

 

PERSOAS AFILIADAS Á SS

Afiliación á SS

2021

Evolución

 
 

Setembro

Outubro

Absoluta

%

A Coruña

      441.585  

443.079

              1.494  

0,34

Lugo

      123.864  

123.469

-   395  

-0,32

Ourense

      103.802  

103.159

-   643  

-0,62

Pontevedra

      364.978  

362.944

- 2.034  

-0,56

Total

1.034.229

1.032.651

- 1.578  

-0,15

Fonte: SEPE