O ano 2024 arrinca en Galiza cunha forte caída da afiliación á Seguridade Social. Hai, de feito, 11.751 persoas afiliadas menos con respecto ao mes de decembro, un descenso do 1,1%. Dáse, ademais, a circunstancia de que este é o sexto mes consecutivo no que se produce esta caída. Xunto a isto, aumenta en 1.957 o número de persoas rexistradas como paradas no SEPE, un 1.2% máis. Todo o desemprego correspóndese co sector servizos, co agravante de que o 73% das novas persoas desempregadas son mulleres.
Para o secretario confederal de Emprego e Industria este datos veñen confirmar o que a CIG viña advertindo, “que o que trouxo a reforma laboral foi un cambio no modelo de precariedade baseado na contratación a tempo parcial e nos sectores máis feminizados e con peores condicións”.
Persoas desempregadas por provincias
|
Persoas paradas
|
2023
|
2024
|
Variación
|
| |
Decembro
|
Xaneiro
|
Absoluta
|
%
|
|
A Coruña
|
51.867
|
52.563
|
696
|
1,3
|
|
Lugo
|
12.385
|
12.820
|
435
|
3,5
|
|
Ourense
|
15.020
|
15.387
|
367
|
2,4
|
|
Pontevedra
|
50.232
|
50.331
|
99
|
0,2
|
|
Total
|
129.504
|
131.101
|
1.597
|
1,2
|
Fonte SEPE
Así se constata no feito de que o incremento do paro se produza no sector Servizos, onde medrou un 2%, e que afecte fundamentalmente ás mulleres, que son o 73% das novas desempregadas, “castigando, unha vez máis, a este colectivo que é o que sofre os peores contratos e os peores salarios nos peores sectores”, apunta González Sío.
Persoas desempregadas por sectores
| |
2023
|
2024
|
Variación
|
|
Sectores
|
Decembro
|
Xaneiro
|
Absoluta
|
%
|
| |
|
|
|
|
|
S primario
|
4.386
|
4.321
|
- 65
|
- 1,5
|
|
Industria
|
13.080
|
12.909
|
- 171
|
- 1,3
|
|
Construción
|
8.958
|
8.907
|
- 51
|
- 0,6
|
|
Servizos
|
91.675
|
93.681
|
2.006
|
2,2
|
|
Sen emprego anterior
|
11.405
|
11.283
|
- 122
|
- 1,1
|
| |
129.504
|
131.101
|
1.597
|
1,2
|
Fonte SEPE
Os datos confirman ademais que o desemprego entre as mulleres medrou un 1,6%, fronte ao 0,8% que aumentou entre os homes.
Persoas desempregadas segundo sexo
| |
2023
|
2024
|
Variación
|
|
Sexo
|
Decembro
|
Xaneiro
|
Absoluta
|
%
|
|
Homes
|
54.711
|
55.140
|
429
|
0,8
|
|
Mulleres
|
74.793
|
75.961
|
1.168
|
1,6
|
|
Total
|
129.504
|
131.101
|
1.597
|
1,2
|
Fonte SEPE
O desemprego incrementouse en todas as provincias pero con diferenzas salientables: en Pontevedra o incremento foi cativo, tan só un 0,2% máis de persoas desempregadas. Pola contra, en Lugo o incremento foi do 3,5%.
“Tamén se confirma como aumenta o descenso de fixos descontinuos nos traballadores temporais e nos traballadores a tempo parcial”, apunta o secretario confederal de Emprego, quen denuncia que “é a nova cara que ten a precariedade e que trouxo a reforma do ano 21”.
Preocupante caída da afiliación á Seguridade Social
González Sío subliña a preocupante caída da afiliación á Seguridade Social, que xa levaba baixando seis meses seguidos- Por iso denuncia a propaganda por parte do Estado español. “O Estado español e Galiza son os únicos territorios de toda Europa que teñen taxas de paro de dous díxitos e esta é unha situación abafante, porque dámos por feito que a baixada do paro cunha taxa tan alta sexa normal trasladándose á cidadanía a idea de que podemos vivir con esta taxa de paro. Por iso exixe “cambiar o sistema de emprego e atacar a precariedade derrogando as reformas”.
Afiliación á S.S. segundo provincia
| |
|
|
|
|
|
Afiliación á SS
|
2023
|
2024
|
Variación
|
| |
Decembro
|
Xaneiro
|
Absoluta
|
%
|
|
A Coruña
|
460.814
|
455.783
|
- 5.031
|
- 1,1
|
|
Lugo
|
124.114
|
122.792
|
- 1.322
|
- 1,1
|
|
Ourense
|
105.582
|
104.526
|
- 1.056
|
- 1,0
|
|
Pontevedra
|
371.770
|
367.428
|
- 4.342
|
- 1,2
|
|
Total
|
1.062.280
|
1.050.529
|
- 11.751
|
- 1,1
|
Fonte: Seguridade social
Xunto a isto, González Sío denuncia que “o contrato indefinido é cada vez máis inestable, xa que os despedimentos por pasar o período de proba multiplicáronse por tres e o número de despedimentos de traballadores é un 20% máis, mentres que a indemnización que levan e dun 34,9% menos”.
Nese sentido subliña que as traballadoras e traballadores tiñan antes unha indemnización media de 10.000 euros e agora de 6.500 euros. Polo tanto, afirma, “ser fixo xa non é garante de ter un traballo estable e as indemnizacións son peores por cada vez cobramos menos e temos traballo en peores condicións”.