Situación insostíbel do Centro de Saúde de Viveiro

Viveiro -

A CIG-Saúde da Mariña denuncia a insostible situación que vén sufrindo o Centro de Saúde de Viveiro pola ausencia, desde hai moitos meses, de máis da metade da dotación de persoal facultativo. Esta situación xa foi denunciada recentemente, ao chegarse a situacións tan inasumíbeis como a de estar só dous facultativos en quenda de mañá, máis outro para a atención urxente. "Isto significa que só había tres facultativos para atender a case 16.000 pacientes, o que constitúe unha ratio inaceptable de máis de 5.000 persoas por profesional", subliña Corral. Máis info: i.gal/9XrRc

Volver