Seguimos a nos mobilizar para reclamar xustiza para o compañeiro Pintos
O xoves 25 de xaneiro está convocada unha nova concentración para reclamar xustiza co compañeiro e ex secretario comarcal da CIG de Ferrol, Xesús Anxo López Pintos. A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións que se están desenvolvendo de maneira sostida no tempo para solicitar a concesión do indulto a Pintos, así como para demandar a derrogación da lesiva e antidemocrática Lei Mordaza, que a día de hoxe segue plenamente vixente.
Hai xa un ano e dous meses que se presentou a solicitude formal do indulto (que estivo acompañada por máis de 5500 sinaturas e as adhesións aprobadas por varios plenos municipais e comités de empresa da comarca de Ferrol), pero o Goberno español continúa sen resolver a petición.
Seguimos á espera dese acto de reparación e de xustiza para o compañeiro Pintos e por este motivo seguiremos mobilizándonos para que se faga xustiza.