Segue a aumentar a inestabilidade e a precariedade do mercado laboral galego

O 75,6% das novas afiliacións á Seguridade Social rexistradas en Galiza durante o pasado mes de xuño foron mediante contratos temporais
Nacional - 02 Xul 2024

Como vén facendo mes a mes, a CIG volve alertar do constante aumento da inestabilidade e da precariedade do mercado laboral galego e a denunciar que detrás da propaganda gobernamental agóchase unha realidade caracterizada pola alta taxa de desemprego e pola baixa calidade dos postos de traballo que se crean. De feito, o 75,6% das afiliacións rexistradas en Galiza durante o pasado mes de xuño foron mediante contratos temporais.

O Estado español continúa á cabeza do desemprego no conxunto da Unión Europea, cunha taxa que practicamente dobra a media europea (11,7% fronte a 6,5%). A situación en Galiza non é  moito mellor, xa que segundo a EPA do primeiro trimestre de 2024 o paro atinxe o 10,45%. Agora os datos do SEPE amosan que o número de persoas rexistradas como demandantes de emprego reducíronse só un 3,4% en xuño no noso país polo efecto das contratacións relacionadas co período estival. 

Persoas paradas por provincias.

     

Variación

 

Maio

Xuño

Absoluta

%

A Coruña

 48.497

 46.933

-1564

-3,2

Lugo

 11.588

 11.135

-453

-3,9

Ourense

 14.545

 14.159

-386

-2,7

Pontevedra

47.406

             45.711

-1695

-3,6

Total

          122.036

          117.938

-4098

-3,4

Fonte: SEPE

De feito, o 74% dos novos empregos foron no sector servizos e a maioría das afiliacións á Seguridade Social (75,6%) foron a través de contratos temporais.

Afiliación á SS por provincias.

Afiliación á SS

   

Variación

 

Maio

Xuño

Absoluta

%

A Coruña

469.386

471.537

            2.151

            0,5

Lugo

125.638

126.575

                937

            0,7

Ourense

106.253

106.892

                639

            0,6

Pontevedra

376.013

379.865

            3.852

            1,0

Total

       1.077.290

       1.084.869

            7.579

            0,7

Fonte: Seguridade Social.

A baixa calidade dos postos de traballo que se crean vén marcada precisamente pola alta temporalidade, até o punto de que no mes de xuño subscribíronse no noso país preto de 37.000 contratos por circunstancias da produción, cifras semellantes ás rexistradas nos meses anteriores á aprobación da reforma laboral de 2021, “que supostamente tiña como obxectivo reducir a temporalidade no emprego”, tal e como sinala o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío.

O responsábel sindical lamenta que unha vez máis o sector servizos concentre a creación de postos de traballo, “o que demostra que o Camiño de Santiago é o único motor do emprego en Galiza, sobre todo nos meses de verán, maquillando a terríbel situación na que se atopan a industria galega e os sectores produtivos do país, como o primario”.

Paro rexistrado por sectores.

     

Variación

Sectores

Maio

Xuño

Absoluta

%

         

Sector primario

               3872

               3725

-147

-3,8

Industria

             12.042

             11.653

-389

-3,2

Construción

               8180

               7.913

-267

-3,3

Servizos

             86.755

             83.715

-3040

-3,5

Sen emprego anterior

             11.187

             10.932

-255

-2,3

 

        122.036  

        117.938  

-4098

-3,4

Fonte: SEPE

Para Sío o outro dato a ter en conta é a elevada taxa de paro xuvenil (28,5%), a máis elevada de Europa, “ao que no caso galego temos que sumarlle unha cuestión moi preocupante como é a constante emigración de milleiros de persoas mozas na busca dun emprego acorde coa súa cualificación, xa que o mercado laboral galego -precario e baseado na pobreza laboral- non cumpre coas expectativas da xeración máis preparada da historia do país”.

Por último, fai fincapé en que o leve aumento da contratación indefinida agocha a nova realidade da contratación fixa descontinua, que vén da man da última reforma laboral. “Por iso seguimos a reclamar a súa derrogación, porque as actuais condicións non garanten que a clase traballadora poida contar cun salario que permita ter unha vida digna”.