Recollida de sinaturas en Ares para esixir unha atención adecuada á dependencia

- 06 Set 2019

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG de Ferrol fixo esta mañá unha recollida de sinaturas diante do centro de saúde de Ares, no marco da campaña que a central sindical está a desenvolver para esixir medidas que garantan unha atención adecuada á dependencia e ás persoas maiores.

Dende o colectivo subliñan que son necesarios cambios lexislativos e orzamentarios para cubrir as demandas existentes a través dunha rede pública de recursos, cun acceso equitativo, de xeito que todas as galegas e galegos vexan cumprido o seu dereito a unha vida digna cando as súas circunstancias lles impiden poder facelo de xeito autónomo.