Presentada nova denuncia contra Tegestacín polo impago dos salarios
A CIG presentou unha nova denuncia polo impagamento dos salarios aos traballadores e traballadoras de Tegestacín, neste caso relativa á falta de abono da nómina de xaneiro. Esta situación de impago, critica o secretario comarcal da FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña, Christian López, "é reiterativa, ao que se suma unha parte moi significativa do persoal coa falta de pago da mensualidade decembro de 2021".
Critica que non se pode continuar a manter por parte da empresa esta situación de irregularidade nos pagamentos ao persoal, así como unha xestión en ‘remoto’ do que xa se coñece na contorna como unha empresa ‘pantasma’.
O persoal está agora, unha vez rematado sen acordo o período de consultas do ERE o pasado día 28, tal e como ratificou a Autoridade Laboral, dos próximos pasos da empresa, que ten de prazo 15 días para tomar a súa decisión sobre o expediente extintivo ou os despedimentos.