Persoal pontevedrés da sanidade privada volve á rúa en Vigo a prol dun convenio provincial digno

Un grupo de traballadores/as desenvolveu unha concentración ás portas do hospital Fátima
Vigo/Pontevedra - 30 Mai 2017

Traballadores/as da sanidade privada pontevedresa mobilizáronse este martes en Vigo para rexeitar a proposta de convenio colectivo provincial achegada pola patronal do sector. As centrais CIG, CCOO e UGT desenvolveron unha concentración diante do hospital Fátima para reclamar unhas condicións laborais dignas.

Dende os sindicatos promotores das protestas explican que tras varias reunións para negociar as condicións do convenio colectivo de Hospitalización e Internamento da provincia de Pontevedra “a patronal continúa a facer unha oferta absolutamente insuficiente”.

>>Nova sobre a mobilización anterior