Persoal de seguridade privada mobilízase na Cidade da Xustiza de Vigo para rexeitar os recortes no servizo
Traballadores/as e delegados/as da CIG no sector da seguridade mobilizáronse hoxe na entrada principal da Cidade da Xustiza de Vigo para denunciar que o novo concurso de adxudicación do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios xudiciais de Galiza contempla unha dotación económica insuficiente para cubrir os gastos salariais. Na central agardan que a Consellaría recapacite antes do inicio da nova adxudicación o vindeiro 1 de novembro e non aplique recortes nin no persoal nin na cobertura.
Na protesta que se desenvolveu de 10:30 a 12:00 horas participaron tamén representantes sindicais da CIG no sector da Xustiza e traballadores/as dos propios xulgados en solidariedade coas reclamacións do persoal de seguridade, “porque eles/as van ser, xunto coas persoas usuarias e co propio persoal de seguridade, quen padezan as consecuencias dos recortes”, tal e como sinala o responsábel nacional de seguridade privada da CIG, Pedro Pérez.
Dende a central instaran a Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes “a ter en conta a realida-de da Cidade da Xustiza de Vigo, na que se fixo investimento millonario nun edificio con 19 anda-res, cun edificio anexo de catro andares e cun aparcadoiro de tres sotos”, e a atender as necesida-des reais para a realización dun servizo de seguridade e vixilancia verdadeiramente efectivo.
Pero o departamento autonómico seguiu adiante cun concurso que estivo cheo de deficiencias dende o principio, até o punto de que a Xunta tivo que desistir do anterior tras as alegacións presentadas pola central sindical reclamando que se corrixisen as anomalías detectadas nos lotes 1 (edificios xudiciais da Coruña) e 12 (Cidade da Xustiza e rexistro civil de Vigo).
Mais os pregos de condicións deste último lote volveron contemplar unha partida económica insu-ficiente para afrontar os gastos do persoal que vai ser subrogado, xa que figuran 11 persoas traba-lladoras para cubrir 10 xornadas. Cando no concurso só se contemplan sete xornadas a contratar, coa correspondente partida económica para esta cantidade de persoal.
De xeito que o servizo contemplará recortes nas quendas de tarde, de noite e de fin de semana a 24 horas, “xa que non se subsanaron as deficiencias para dar a cobertura adecuada e para unha efectiva prestación do servizo de seguridade e vixilancia para os bens e as persoas”.
Convenio coas forzas de seguridade
Neste senso, consideran que o convenio coas forzas e corpos de seguridade do Estado presentes no edificio non vai dar cobertura ás necesidades de vixilancia e seguridade necesarias para estas ins-talacións, non realizándose tampouco o control de persoas, paquetería e accesos, tanto a persoal como a persoas usuarias. E lamentan que a modificación que se levou a cabo no concurso tan só supuxo engadir un lote 13, correspondente ao edificio xudicial de Lalín, que non figuraba no ante-rior, “mais non se deu resposta á problemática do lote 12”.
En canto ao lote 1, correspondente aos edificios xudiciais da Coruña, critican que seguisen sen figu-rar todas as persoas traballadoras que teñen dereito de subrogación e que contemple unha partida económica insuficiente para o custe do servizo.