
Persoal de GEA continúa as mobilizacións

Ex traballadoras/es do Grupo de Empresas Álvarez continuaron este martes coas mobilizacións para esixirlle a Inversiones Subel que abone as cantidades que ten pendentes de pagar pola adquisición dos terreos que a antiga fábrica de louzas ocupaba en Coruxo e Cabral (Vigo). O persoal trasladouse até A Coruña para desenvolver unha nova concentración diante dos Xulgados, xa que aquí será onde se dirima a demanda civil que o colectivo presentou contra Inversiones Subel (inmobiliaria do empresario Fernández Somoza).