Persoal da recollida do lixo de Santiago mobilízase polos incumprimentos de Urbaser
Traballadores e traballadoras do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Santiago de Compostela concentráronse este xoves na Praza do Obradoiro para denunciar os incumprimentos da empresa concesionaria, Urbaser, a respecto do acordo alcanzado o pasado ano.
O comité explica que en maio de 2023 se chegou a un acordo coa empresa (que permitiu a desconvocatoria da folga prevista no servizo) que contiña seis puntos. Un dos máis relevantes, sinalan, era o referido á posta en funcionamento de dous vestiarios novos.
Porén, "14 meses despois, a empresa segue sen cumprir con parte do acordo, xa que o vestiario da rúa de Arzúa aínda non comezou as obras". Indican que a apertura do vestiario de García Prieto alivou un pouco a saturación das instalacións que están situadas na rúa Pitelos, "pero este vestiario segue a estar compartido por homes e mulleres e continúa sen cumprir as medidas mínimas de seguridade e hixiene".
Xunto a isto, coa concentración, o comité tamén quere responder ás modificacións do servizo levabas a cabo pola empresa, a ríaz da eliminación o pasado mes de maio dun posto de peón dos camións de carga traseira dos percorridos da noite a dun peón de varios camións de carga lateral.
"Coa eliminación deste peón o que se conseguiu é un aumento considerábel da carga de traballo e unha diminución da calidade do servizo prestado á cidadanía", advirten o presidente e o secretario do comité.
Ademais, reclaman de Urbaser que dote o servizo de todo o persoal necesario porque "xa é reiterada a non cobertura das baixas, e se as cubre, faino fóra da quenda impedindo en moitos casos as libranzas do resto de persoal".
Por todas estas razóns, a representación social acordou desenvolver esta concentración na Praza do Obraido "n sinal de protesta pola actitude da empresa e o consentimento do Concello" e non descartar continuar coas mobilizacións se Urbaser non cumpre co pactado.