Pensionistas e xubilados/as concentraranse en Compostela baixo o lema “Somos maiores, temos dereitos”
O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG convoca para o vindeiro xoves, día 2 de xuño, ás 11:30 horas, unha concentración nacional en Compostela, diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, baixo o lema “Somos maiores, temos dereitos”.
O colectivo, que vén desenvolvendo unha campaña de mobilizacións en toda Galiza, convoca, desta volta, unha única mobilización que terá carácter nacional en defensa dun sistema público de pensións forte e garantido; atención bancaria digna e presencial; unha sanidade pública e de calidade; atención presencial e sen trabas na administración e un sistema público de atención ás persoas.