Palestra: A situación actual dos traballadores e traballadoras de Palestina
O martes 30 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar unha palestra sobre a situación actual das traballadoras e os traballadores de Palestina, a cargo da Nithya Nagarajan, responsábel de Relacións Internacionais da GFIU (Federación Xeral de Sindicatos Independentes de Palestina) e Suso Seixo, Presidente da Fundación Moncho Reboiras.
O acto terá lugar no local de Vide, Vide! (R/ da Fonte de Sto. Antonio, 10) en Santiago de Compostela, e estará presentado polo responsábel de Relacións Internacionais da CIG, Xosé Lois Rivera.
A charla está organizada pola Fundación Moncho Reboiras.