O persoal das auxiliares de Alcoa activa a folga indefinida "na semana crucial para o futuro da fábrica"
A asemblea de traballadores e traballadoras das auxiliares de Alcoa San Cibrao acordou esta tarde, por unanimidade, activar a folga indefinica que está convocada dende o pasado mes de xullo. A plataforma coordinadora indican que a folga será efectiva dende este mércores día 23, as 06:00 horas.
"Solicitamos o apoio de todos os traballadores e as traballadoras das empresas auxiliares e animanos a que secunden esta convocatoria. De igual maneira, tamén solicitamos o apoio dos compañeiros/as de Alcoa e da sociedade da Mariña, en todo o que estea da súa man", subliña Kike Rocha, voceiro da plataforma e delegado da CIG.
Rocha explica que dende o colectivo se considera oportuno e necesario a activación desta folga "nunha semana crucial para o futuro da factoría. O persoal das empresas auxiliares somos rtaballadores/as directos/as da fábrica e imos loitar polo noso futuro até o últomo momento do conflito coas mesmas premisas que os compañeiros/as do comité de Alcoa: impedir a parada das cubas e que non haxa nin un só despedimento".