O Xulgado recoñece como fixo persoal do servizo contra incendios do Consorcio de Verín, A Limia, Valdeorras, Ribadavia e O Carballiño
O Xulgado do Social número 1 de Ourense vén de ditar sentenza favorábel a dous traballadores/as do Servizo Contra Incendios e Salvamento do Consorcio de Verín, A Limia, Valdeorras, Ribadavia e O Carballiño tras as demandas presentadas pola CIG para que se lles recoñecese como persoal fixo.
Dende a central sindical lembran que o pasado 1 de febreiro o servizo pasou a ser xestionado directamente polo Consorcio da Deputación Provincial de Ourense, procedéndose a subrogar os empregados/as adscritos/as como indefinidos/as, “coa indefensión que isto supón no caso de que nun futuro se leve a cabo a externalización do servizo”.
Na CIG entendía que este persoal debera ser subrogado como persoal fixo do Consorcio, e tras tras comunicarllo os traballadores/as afectados/as optouse por presentar demandas no Xulgado do Social para lograr recoñecemento da relación laboral como persoal fixo. “Por iso celebramos que agora o xuíz falle a favor dos traballadores/as unha vez tiveron lugar os dous primeiros xuízos”.