O xenocidio segue en Palestina

Cristóbal León Campos - 28 Mar 2025

Donald Trump e Benjamin Netanyahu continúan agora co seu plan de destrución e aniquilación do pobo palestino, para poder estabelecer sobre as tumbas dos miles de palestinos asasinados un complexo habitacional-turístico que unicamente beneficiaría os monopolios que desde o agravamento do xenocidio estiveron detrás

 O pasado 18 de marzo, as bombas sionistas-israelís caeron novamente sobre Gaza, deixando polo menos 400 asasinados, sendo as crianzas e as mulleres as máis afectadas. Esta acción puxo fin á chamada “tregua” que nunca foi total, xa que, entre outras situacións, se presentaron diversas denuncias que alzaban a voz en contra a continuidade das accións bélicas e de espolio por parte do exército de ocupación sionista, ademais de que mesmo organismos da ONU denunciaron o impedimento á entrada da axuda humanitaria ás zonas de maior afectación, unha acción que non só viola as leis internacionais, senón que mostrou a inhumana actitude do Benjamin Netanyahu e o seu goberno.

 As declaracións realizadas, tanto polo imperialismo estadounidense como polo réxime sionista, sobre o proxecto de colonización en Gaza e outras zonas de Palestina, foron o último gran dunha montaña xa coñecida e revelou xa sen tanto disimulo a verdadeira intención do xenocidio. Donald Trump e Benjamin Netanyahu continúan agora co seu plan de destrución e aniquilación do pobo palestino, para poder estabelecer sobre as tumbas dos miles de palestinos asasinados un complexo habitacional-turístico que unicamente beneficiaría os monopolios que desde o agravamento do xenocidio estiveron detrás achegando millonarias cantidades de diñeiro para aseguraren unha porción dun pastel que tentan construír sen reparo ningún.

 As acusacións feitas por Trump acusando Volodymyr Zelensky de “xogar” coa terceira guerra mundial coñecidas polo mundo a través dos medios de comunicacións estadounidenses, revelaron a verdadeira intención do imperialismo estadounidense, xa que non é Zelensky quen encabeza a procura dun conflito global -aínda que si foi un monicreque nese proxecto imperialista-, hoxe as noticias anuncian novamente que os Estados Unidos bombardean Iemen, mentres Israel fai o mesmo en Gaza e O Líbano, esa complicidade busca, primeiro, profundar o xenocidio palestino ao abrir outras frontes de guerra e debilitar o apoio na zona a Palestina, e por outra banda, situar con maior forza e estratexia ao exército de ocupación sionista-israelí no territorio palestino, todo isto sabendo que o Medio Oriente é unha rexión sumamente explosiva e onde se atopan os intereses económicos das grandes potencias do mundo, incluída China.

 As negociacións para o final da guerra entre Ucraína e Rusia mostran a estratexia de Trump de non incrementar un desgate nun territorio perdido desde o principio e non seguir alentando, polo de agora, un conflito aberto con Rusia, aínda que por baixo da mesa as agresións sigan e a guerra económica se incremente. O imperio estadounidense necesita acumular forzas para novas frontes e Trump busca diminuír a influencia de China no mundo, quere desfacer as alianzas comerciais de China con potencias como Rusia e en rexións como América Latina, a súa intención é reposicionar os Estados Unidos no mercado global, e prepararse para unha longa guerra económica que cada día se achega máis a un conflito bélico de escala impensábel, onde outros actores como a Unión Europea levantan a man para acalar as críticas que recibiu polo seu papel no conflito entre Ucraína e Rusia, e polo seu sometemento ao imperialismo estadounidense, así como a súa actitude pasiva e cómplice fronte ao xenocidio palestino realizado polo sionismo israelí.

 As cifras xerais desde outubro de 2023, cando recruou o xenocidio, sinalan con base nun informe do Ministerio de Saúde que 49.747 palestinos foron asasinados e 113.213 persoas foron feridas en Gaza, isto sen mencionar a destrución de vivendas, o patrimonio cultural e histórico, así como unha gran parte da infraestrutura económica, de saúde, relixiosa e de educación, deixando os palestinos nunha situación de crise humanitaria que negan as potencias europeas, o imperialismo estadounidense e o réxime de ocupación sionista, xustificándose ante o crime de lesa humanidade que comenten.

 Neste contexto, a resistencia palestina continúa facendo fronte á agresión, resistindo á ocupación neocolonialista de Israel e os Estados Unidos, mentres no Medio Oriente a oposición ao xenocidio palestino e ás agresións contra Iemen e O Líbano prepara as defensas nacionais ante a ollada do mundo. E ante tanta barbarie, calar non é unha opción. Palestina será libre!

 

[Artigo tirado do sitio web Lectámbulos, do 23 de marzo de 2025]


Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos.
Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.