O sindicalismo combativo denuncia a detención de folguistas en Cádiz
As organización sindicais que asinan este escrito denunciamos a detención de cinco persoas acusadas de desorde público e atentado á autoridade na loita do metal de Cádiz. A isto hai que sumarlle que están chegando citacións xudiciais con similares acusacións. As persoas detidas foron postas en liberdade con cargos á espera de xuízo.
A operación policial desenvolvida no barrio de Río San Pedro do Puerto Real, o mesmo barrio onde a policía sacou a tanqueta para disolver os piquetes da folga, ten convertido o barrio desta cidade nun auténtico estado represivo. Non podemos esquecer que actualmente moitos municipios de Cádiz teñen taxas de paro das máis altas do estado e que tras a loita exemplar por unhas condición de traballo decentes no sector do metal, tivo que facer fronte tanto ás consecuencias do sindicalismo amarelo de UGT e CCOO como á razzia policial desenvolvida o xoves.
Por desgraza, as detencións deste xoves non son un caso illado e debemos enmarcalas na estratexia conxunta da patronal e do goberno do Estado de criminalizar a protesta social para así amedrentar as persoas que saen ás rúas a loitar polos seus dereitos.
Por todo isto, o sindicalismo combativo que representamos denuncia esta estratexia da patronal e do goberno de reprimir e criminalizar a todo un modelo sindical que loita por mellorar as condicións de traballo e de vida da clase traballadora. Pero, de igual xeito, queremos deixar claro que non imos permitir máis represión nin máis vulneracións dos dereitos sindicais; atoparannos en fronte cada vez que intenten reprimir e criminalizar o sindicalismo combativo.
A loita sindical non é un delito!
Asinan: CIG, Condeferación intersindical Estado español, COS Països Catalans, CSI Asturies, CUG Aragón, CUT Galiza, ESK Euskal Herria, ELA Euskal Herria, IAC Catalunya, Intersindical Canaria, Intersindical Valenciana, LAB Euskal Herria, STEI Balears, SAT Andalucía, Sindicato 25 de Marzo Extremadura.