O siderometal de Ourense convoca unha xornada de loita por un convenio digno

Desenvolverá concentracións diante de varios concesionarios este xoves 19
Ourense - 16 Xun 2025

A asemblea de persoas traballadoras do sector do siderometal da provincia de Ourense aprobou a convocatoria dunhas xornada de loita con concentracións este xoves 19 de xuño en varios concesionarios de automóbiles para reclamar un convenio colectivo digno. As protestas desenvolveranse diante de Iveco e Apersa ás 10:00 horas, en Rodosa ás 11:00 horas e en Autogal ás 12:00 horas.

A CIG-Industria propuxo a convocatoria “asumindo a nosa responsabilidade como primeira forza no sector” para demandar unha suba salarial que permita recuperar a perde da poder adquisitivo, “xa que a maior parte do persoal cobra o soldo máis baixo do convenio, e a carestía da vivenda e da vida en xeral fai que teñamos dificultades para chegar a fin de mes”.

O persoal demanda unha suba salarial que permita recuperar poder adquisitivo

Mais, segundo denuncian, o acordo sobre o convenio semella lonxe de producirse pola actitude dalgunhas empresas como o Grupo Pérez Rumbao, “que lonxe de traballar na procura dun pacto actúan coma pirómanos, baixando incluso a dirección aos talleres a interpelar o persoal”. Con todo, agardan que a situación se reconduza e se poidan producir avances na negociación porque do contrario intensificarán as protestas