O sector de Xustiza da CIG elixe por aclamación a Óscar Freixedo como secretario nacional

Renovouse tamén a dirección nacional, que terá que afrontar as reformas que se aveciñan
Nacional - 09 Mai 2022

Dentro do proceso de renovación de cargos e estrutura do sindicato, o sábado 7 de maio o sector de Xustiza da CIG-Administración Pública celebrou a súa VIII Asemblea Nacional, na que saíu elixido por aclamación como novo secretario nacional  Óscar Freixedo Beltrán.

A dirección nacional do sector queda conformada por:

  • Óscar Freixedo Beltrán
  • Eva Rodríguez Vicente
  • María Consuelo Rodríguez Rodríguez
  • Xosé Barreiro Pérez
  • Antonio Ayaso Reiriz
  • Manuela Mares Iglesias
  • Josefa Iglesias de la Campa
  • Jesús Sánchez Costa

No acto de clausura interviñeron o secretario nacional da CIG-Administración, Luis Carballo e o recén elixido secretario nacional, Óscar Freixedo quen sinalou que se achegan tempos de cambios, con importantes reformas lexislativas para a Administración de xustiza, e asegurou que o Sector de Xustiza da CIG ten moito que dicir e achegar en todo o proceso de negociación desas reformas, e así o fará, na defensa das traballadoras e traballadores da xustiza galega e dos servizos públicos.