
O sector de Correos da CIG reelixe por aclamación a John Vivanco Vivanco como secretario nacional

O sector de Correos da CIG celebrou o pasado sábado día 23 de abril, en Compostela, a súa VIII Asemblea, da que saíu reelixido por aclamación como secretario nacional John Vivanco Vivanco. No decurso do proceso tamén se escolleu a nova Dirección Nacional do sector, a Executiva Nacional e o representante na Dirección Nacional da federación de CIG-Administración. Esta VIII Asemblea contou, ademais, coa participación do secretario nacional da CIG-Administración, Luis Carballo.

As/os membros da nova Dirección Nacional do sector de Correos, que forma parte da federación de Administración da CIG son:
-John Vivanco Vivanco
-José Manuel Álvarez de Prado
-Xesús Represas Represas
-Eulogio Fontenla Somoza
-Ana Pintos Pérez
-Mª Carmen Casais Martínez
-J. Carlos del Río López
-Mar Díaz Lodeiro