O profesorado concéntrase nos centros de ensino contra a LOMCE e as reválidas
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público reitera o seu chamamento ás familias para que non envíen ás súas fillas e fillos aos centros e demanda da administración educativa a paralización destas probas e da propia LOMCE.
O calendario de accións contra a LOMCE terá continuidade o próximo mércores 11 de maio, coincidindo co inicio das probas, cunha concentración diante da Consellaría de Educación.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino, Erguer. Estudantes da Galiza, a Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL), a Federación de ANPA de Compostela, a Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova e a Federación de ANPA de Ponteareas (FANPO).