O persoal do Hospital Juan Cardona prosegue mobilizacións por unhas condicións xustas
Traballadoras e traballadores do Hospital Ribera Juan Cardona continuaron este mércores co calendario de mobilizacións para demandar un incremento do cadro de persoal que permita afrontar a excesiva carga de traballo, o remate das discriminacións salariais entre os diferentes colectivos profesionais e unhas condicións laborais e retributivas dignas.
Na protesta tamén se rexeitou a da política de ameazas aplicada pola empresa do Grupo Ribera contra o persoal que se nega a estender a súa xornada laboral para atender o desmesurado incremento da actividade e como medida para tentar que o persoal non secunde as concentracións.
As protestas, convocadas polo comité, véñense repetindo todos os mércores de xuño de 11:00 a 11:30h na entrada principal do hospital.
Máis información: Traballadoras/es do Hospital Ribera Juan Cardona reclamar máis persoal e melloras salariais