
O persoal do Concello de Verín mobilízase para esixir “unha negociación colectiva real”

Os traballadores/as do Concello de Verín iniciaron mobilizacións este mércores 30 para reclamarlle aos responsábeis municipais “unha negociación colectiva real” e o cumprimento dos acordos da mesa xeral de negociación do ano 2016. Durante a xornada desenvolveron un paro xeral de actividade e unha concentración ás portas do consistorio.

Con esta protesta, convocada pola CIG e pola CSIF, queren tamén reivindicar o remate da política laboral de discriminación por colectivos imposta polo Goberno local, “consistente en adiar a negociación para certos grupos de empregados/as públicos/as e potenciar a doutros/as, co único fin de crear división entre os traballadores/as”.