O persoal do Alcampo de Santiago irá á folga o 23 de decembro polo seu dereito a descansar e conciliar

En resposta á decisión da empresa de abrir os domingos 26 de xullo e 15 de agosto de 2026
Santiago de Compostela - 12 Dec 2025

O comité do Alcampo de Santiago de Compostela compareceu este venres en rolda de prensa para anunciar a convocatoria dunha xornada de folga o vindeiro martes 23 de decembro en resposta á decisión da empresa de abrir os domingos 26 de xullo e 15 de agosto do próximo ano. Esta decisión, criticaron, afecta directamente ao dereito ao descanso e á conciliación, malia seren días nos que apenas hai movemento comercial.

A representación do persoal explicou que ao cadrar en sábado os festivos 25 de xullo e 15 de agosto, a Xunta de Galiza autorizou a apertura comercial o domingo 26 de xullo e propio 15 de agosto. Habitualmente o hipermercado de Área Central non abre nesas datas, facilitando que, nos festivos de agosto, o persoal poida gozar de dous días completos de descanso xa que o 16 é festivo local, e ademais neste caso coincide que sería en fin de semana, algo que non se produce de maneira habitual no comercio.

Porén, tras a autorización da Xunta, Alcampo xa comunicou a súa intención de abrir eses dous días, a pesar de que o comercio xa abre un elevado número de domingos e festivos ao longo do ano. O conxunto do persoal aponse rotundamente a esta decisión por dificultar a conciliación da vida laboral e familiar e deteriorar as condicións de traballo, cando ademais nesas datas o volume de vendas baixa en picado ao estar en pleno verán e situarse o estabelecemento fóra da zona de concorrencia do turismo.

Por iso, en reposta a este atropelo patronal, o comité acordou convocar unha xornada de folga para o 23 de decembro, coincidindo cunha