O persoal de TUSSA demanda medidas de seguridade para evitar agresións
Traballadores e traballadoras de TUSSA concentráronse este venres a primeira hora da mañá diante das oficinas da empresa na estación de autobuses de Compostela en solidariedade cun compañeiro que foi agredido esta semana cando realizaba o seu traballo na grúa. O persoal demandou ademais medidas que garantan a súa seguridade para desenvolver con normalidade o seu traballo.
O pasado martes un empregado de guidastre ía retirar un vehículo mal aparcado e cando estaba na metade do proceso de carga apareceu o propietario do vehículo que o increpou e intentou agredir. O traballador conseguiu evitar boa parte da agresión pero recibiu unha patada no peito que lle provocou unha lesión pulmonar pola que tivo que estar unha noite en urxencias e posteriormente de baixa.
Os traballadores/as sinalan, tal e como explicaron os representantes do comité de empresa, Fernando Aller e Agostiño Landeira, que esta situación “víase vir” porque son habituais os insultos e as ameazas no desenvolvemento do seu labor ao longo do día Tanto no servizo da hora como, principalmente no servizo de guindastre.
O persoal de TUSSA lembra que isto non ocorría cando na grúa ía un membro da policía municipal e denuncia que como isto agora non é así está expostos a este tipo de agresións das que veñen alertando desde hai tempo tanto a empresda como ao concello, sen que se adopte medida algunha, mesmo sendo acusados desde o concello de cargar poucos vehículos diariamente.
Sinalan que eles non son unha autoridade e que, polo tanto, non lles corresponde esa función. Entenden que debería ser o levantamento de vehículos supervisado sempre pola autoridade municipal.
Con esta concentración simbólica, de repulsa á agresión dun compañeiro, dáse inicio a máis medidas, entre outras, a asolicitude de reunión con carácter urxente, do comité de seguridade e saúde, así como a solicitude dunha reunión co concello de Santiago para buscarle unha solución a ese problema.
Finalmente estanse estudando tamén as vías legais para a presentación dunha demanda a fin de aclarar as funcións que realmente ten que cumprir o persoal de guindastre.