O persoal de limpeza de Citroën convoca dúas xornadas de folga para rexeitar os incumprimentos da empresa en materia laboral
O comité de empresa de Clece (8 delegados/as da CGT, 3 da CIG e 2 da UGT) vén de anunciar a convocatoria de dúas xornadas de folga este venres día 2 e o sábado 3 para rexeitar o alto índice de incumprimento da normativa laboral vixente e dos pactos alcanzados entre a empresa e a representación do cadro de persoal. Ademais, os empregados/as queren amosar o súa disconformidade coas decisións adoptadas de xeito unilateral pola dirección de Clece que implican o traslado forzoso de persoal a outros centros de traballo na provincia.
Os traballadores/as aproveitarán a convocatoria dos paros para desenvolver mobilizacións. Deste xeito, o venres día 2 levarán a cabo dúas concentracións diante da sede de Clece, na Praza de América número 1, de 11.00 a 12.00 horas e de 21.15 a 22.15 horas. Anteriorment, entre as 13.15 e as 14.15 horas, trasladarán as protestas ás portas das instalacións de Citroën.