O persoal de Grupo Norte, que xestiona a Central de Coordinación do 061, comezou un paro marcado polos servizos mínimos
Este sábado comezou a folga indefinida do persoal da Central de Coordinación do 061, que xestiona a empresa Grupo Norte e que ese encarga de atender o centro de chamadas do servizo de Urxencias Sanitarias dependente da Xunta de Galiza, cuxos/as traballadores/as manteñen o paro indefinido iniciado o pasado mércores día 1 para reclamar un compensación xusta polo traslado forzoso do seu centro de traballo dende Santiago á Estrada.
O inicio do paro estivo marcado polo abusivos servizos mínimos decretados pola Administración pública, xa que son do 100%. Contra esta decisión solicitaron unha medida cautelarísima ao Xulgado para evitar a vulneración do dereito de folga.
Os empregados/as de Grupo Norte aproveitaron a primeira xornada de folga, que se materializará mediante paros parciais todos os luns, sábados e festivos de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas, para desenvolver unha concentración ao mediodía diante das instalacións do servizo en San Marcos na que participou boa parte do persoal.
Para este luns día 6, próxima xornada de paro, teñen convocada unha mobilización diante do Sergas en Santiago tamén ao mediodía.