O persoal de Emafesa prosegue mobilizacións por un convenio digno

Ferrol - 29 Abr 2022

Os traballadores e traballadoras de EMAFESA (empresa municipal de augas de Ferrol) continúan as mobilizacións en demanda dun convenio digno. Na tarde deste xoves concentráronse diante do Concello de Ferrol coincidindo coa celebración do pleno municipal, para reclamar a intervención do Goberno local, tendo en conta que o Concello ten 51% do accionariado e Urbaser-Socamex o 49% restante.