O persoal de atención telefónica do 061 desmente que houbera contratacións para reforzar o servizo
A empresa subcontratada polo 061, Grupo Norte, para xestionar o servizo de atención telefónica dos números 061, 902 400 116 e 900 400 116, está a chamar ao persoal operador para que vaia traballar de día libre a cambio de pagarlle como horas extraordinarias.
Desméntese así a información do SERGAS segundo a que se tería contratado máis persoal operador para reforzar o servizo e poder atender o incremento de chamadas producido polo coronavirus.
De feito, aseguran que a pasada fin de semana, o sábado, foi traballar 1 persoa na quenda de mañá e outra na quenda de tarde, e o mesmo pasou o domingo.
Ademais, a partir de hoxe venres, a empresa Grupo Norte (acatando ordes do 061) fará o mesmo entre as 9h. e as 16h., e entre as 16h. e as 23h.
Dito isto, “non está a haber contratación de novo persoal para levar a cabo este reforzo de persoal, senon se está a chamar a persoal da plantilla para que vaia traballar no seu día libre (de descanso) a cambio de pagarlle a quenda como horas extraordinarias”, afirman.