O paro rexistra unha baixada mínima no mes de xuño en Galiza vinculada á contratación precaria no sector servizos

O descenso foi moi inferior ao habitual neste período nos últimos anos
Nacional - 02 Xul 2020

O número de persoas paradas anotadas no SEPE en Galiza descendeu en 6428 no mes de xuño como consecuencia da reactivación económica unha vez rematado o estado de alarma, especialmente polo incremento da contratación precaria no sector servizos. Con todo, trátase dunha baixada mínima (-3,36% con respecto a maio) en comparación cos datos que se rexistraron neste mesmo período nos últimos anos.

O normal no mes de xuño é que o descenso do desemprego se sitúe entre o 8 e o 11%, aínda que o ano pasado baixou unicamente un 4,63%. Aínda así, a baixada foi de máis dun punto porcentual con respecto á rexistrada agora. 

Un terzo da poboación activa galega segue sen poder traballar

En consecuencia, as persoas inscritas como desempregadas nas oficinas do SEPE en Galiza no último mes alcanzan as 184.654, que se as sumamos ás 214.494 persoas que se atopan en ERTE atopámonos con que un terzo da poboación activa galega non está a traballar.

Segundo sinalan dende a Secretaría Confederal de Emprego e Industria da CIG, a reactivación económica que se atopa detrás desta lixeira baixada do paro está a vir da man do sector servizos, un sector caracterizado polo altos niveis de precariedade, parcialidade e temporalidade da contratación. Parcialidade está a aumentar aínda máis porque se permite ir recuperando traballadores/as do ERTE de xeito parcial.

“Temos diante un panorama moi complicado, con milleiros de persoas traballadoras sen ingresos ou con ingresos moi precarios, en moitos casos que non permiten nin sobrevivir”, denuncia Fran Cartelle. O secretario confederal de Emprego e Industria amosa tamén a súa preocupación “polo que pode vir” nos próximos meses como consecuencia “do proceso de desertización industrial do noso país que estamos a vivir ante a inacción da Xunta”.

Cartelle incide en que o actual contexto sociolaboral amosa ás claras o que a central sindical vén defendendo dende hai anos: a necesidade de derrogar as reformas do PP e do PSOE e de atopar solucións eficaces para a industria galega e demais sectores produtivos. “Hai que apostar pola creación de emprego digno con salarios decentes e evitar que a factura da crise sanitaria a paguemos os traballadores/as”.

PRINCIPAIS DATOS

Os traballadores/as afectados/as por un ERTE non están incluídos/as como persoas desempregadas.

 

Abril

Maio

Xuño

A Coruña

65.346

68.613

69.836

Lugo

15.331

15.629

16.212

Ourense

17.900

18.669

18.531

Pontevedra

81.420

86.265

88.123

Outros

20.497

21279

21.792

Total

200.494

210125

214.494


A nivel provincial, o maior descenso do paro produciuse na provincia de Pontevedra.

Persoas paradas

 

 

 

 

Evolución

 

 

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

xuño/maio

xuño/feb

A Coruña

66.516

69.405

76.971

76.817

74.895

- 1.922

8.379

Lugo

16.265

17.053

18.313

18.457

18.180

- 277

1.915

Ourense

18.397

19.322

20.689

20.714

20.162

- 552

1.765

Pontevedra

65.051

68.701

75.656

75.094

71.417

- 3.677

6.366

Total

166.229

174.481

191.629

191.082

184.654

- 6.428

18.425

No que atinxe aos sectores, foi o sector servizos o que en maior medida contribuíu a este descenso.

Sectores

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Evolución

 

 

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

xuño/maio

xuño/feb

Industria

18.297

19.045

21.221

21.115

20.338

- 777

2.041

Construción

13.613

14.443

16.358

15.596

14.668

- 928

1.055

Servizos

114.987

121.606

134.031

134.229

128.986

- 5.243

13.999


Persoas paradas por sexo.

 

 

 

 

 

 

Evolución

 

Sexo

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

xuño/maio

xuño/feb

Homes

71.438

75.507

84.982

83.931

79.955

- 3.976

8.517

Mulleres

94.791

98.974

106.647

107.151

104.699

- 2.452

9.908

 

A afiliación á Seguridade Social tivo un comportamento positivo.

Afiliación á SS

 

 

 

 

Evolución

 

 

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

xuño/maio

xuño/feb

A Coruña

434.745

430.840

418.467

418.174

420.950

2.776

- 13.795

Lugo

121.313

120.707

118.467

118.353

119.215

862

- 2.098

Ourense

102.218

101.350

98.989

99.085

   

- 2.210

Pontevedra

354.077

349.725

338.677

340.760

346.467

5.707

- 7.610

Total

1.012.353

1.002.623

974.770

976.373

986.640

10.267

- 25.713

No último mes, a afiliación aumentou en todas as provincias, sendo na de Pontevedra onde se rexistrou o maior incremento.

En canto ás persoas perceptoras de prestación, ao estar incluídas como tal as que perciben unha prestación por ERTE, e sen embargo non estar incluídas como desempregadas, atopámonos cun maior número de persoas perceptoras de prestación que persoas desempregadas. Concretamente, son 241.045 as persoas que no mes de maio percibiron algunha prestación; sen embargo, nese mesmo mes había rexistradas 191.082 desempregadas.