O novo convenio de panadarías e pastelarías da provincia de Pontevedra contempla suba salarial e mantén o pago dos domingos
O novo convenio colectivo de panadarías e pastelarías da provincia de Pontevedra contempla que foi ratificado hoxe por persoal do sector na asemblea convocada pola CIG, CCOO e UGT en Vigo contempla unha suba salarial do 1,2% en 2019 (con efectos retroactivos dende 1 de xaneiro de 2019) e 1,25% en 2020. Ademais, mantense o pago por traballar en domingos e festivos, que a patronal pretendía reducir.
O preacordo ratificado hoxe alcanzouse na última xuntanza entre as partes, celebrada o pasado 23 de xaneiro. En consecuencia, o novo convenio contempla unha suba salarial paro o ano 2019 de 1,2% sobre o salario base e o complemento persoal ou antigüidade recollidos nas vixentes táboas salariais do ano 2018.
Este incremento acórdase con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2019, debendo aboarse os atrasos como máximo en dous pagos mensuais a contar dende o mes seguinte á publicación do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia.
Para o ano 2020 páctase así mesmo un incremento salarial dun 1,25% sobre o salario base e o complemento persoal ou antigüidade recollidos nas táboas salariais do ano 2019, xa actualizado.
No obstante ao anterior, se de aplicar ao salario das táboas do ano 2019 o IPC final do ano 2020 máis un 0,5% resultase una diferencia a favor dos traballadores/as en relación ao incremento xa recibido do 1,25%, estes/as recibirán ditos atrasos na nómina do mes de xaneiro de 2021, cunha subida máxima salarial que se pacta como tope en relación coas táboas salariais do 2019, do 1,6%.
Domingos e festivos
Tamén se establece que o traballo en domingos e festivos sexa retribuído, sen prexuízo do descanso semanal que corresponda en compensación, ademais de co salario normal, cun complemento fixo non actualizable.
Dende a CIG lembran que dende que comezaron os contactos en de abril de 2019 celebráronse un total de 12 xuntanzas coa patronal Aproinpa, “que pretendía unicamente recortar os poucos logros que ten este convenio para os traballadores/as do sector (incapacidade temporal,aumentar bolsa de horas, etc), mais a actitude das centrais sindicais na negociación foi firme en non aceptamos ningún recorte de dereitos no convenio”.