O mercado laboral galego continúa a expulsar persoas traballadoras, con 5345 afiliadas menos á SS en decembro
Os datos do paro feitos públicos hoxe polo SEPE evidencian unha vez máis a febleza e os problemas estruturais que padece o mercado laboral galego, que continúa a expulsar persoas traballadoras, con 5345 afiliadas menos en decembro con respecto ao mes anterior. E iso que neste período o número de persoas desempregadas, que ascende xa a 142.222 no noso país, rexistrou un leve descenso (536) ligado á contratación a tempo parcial no sector servizos coincidindo coa campaña de Nadal.
|
|
|
Evolución |
||
Poboación parada por provincias. |
2022 |
2022 |
Mensual |
||
Provincias |
Novembro |
Decembro |
Absoluta |
% |
|
A Coruña |
57.129 |
57.115 |
-14 |
-0,02 |
|
Lugo |
13.717 |
13.648 |
-69 |
-0,50 |
|
Ourense |
16.446 |
16.294 |
-152 |
-0,92 |
|
Pontevedra |
55.466 |
55.165 |
-301 |
-0,54 |
|
Total |
142.758 |
142.222 |
-536 |
-0,38 |
|
Fonte: SEPE.
Esta estacionalidade do emprego provocou que dos 52.044 contratos asinados no mes de decembro, un total de 36.785 fosen temporais e unicamente 15.259 indefinidos. A isto hai que sumar que o 65% da contratación indefinida non é a xornada completa, porcentaxe que se sitúa no 30% no caso da contratación temporal, “producíndose unha parcialización do emprego que crea unha falsa expectativa de creación de postos de traballo”, en palabras de Paco Sío, secretario confederal de Emprego e Industria da CIG. Isto provoca unha caída das rendas que ingresa a clase traballadora e un aumento da precariedade, “algo especialmente grave nun contexto de aumento insoportábel da carestía da vida”.
Ademais, rexistráronse 11.374 contratos menos que en novembro e 20.870 menos con respecto ao mesmo período do ano anterior. “Todos estes datos reflicten unha situación sociolaboral moi preocupante, xa que estamos a ver como a crise, o aumento da carestía da vida e os problemas económicos están a afectarlle moi negativamente ao mundo do traballo galego”.
Por iso Sío cualifica de moi negativas as cifras do paro que se veñen de coñecer, sobre todo tendo en conta que decembro é un mes no que tradicionalmente adoita medrar o emprego de forma considerábel. Nesta ocasión a baixada do número de persoas paradas foi moi cativa, producíndose incluso un aumento do desemprego no sector primario, na industria e na construción.
|
|
Evolución |
|||
Poboación parada por sectores. |
2022 |
2022 |
Mensual |
||
Sectores |
Novembro |
decembro |
Absoluta |
% |
|
Sector primario |
4774 |
4818 |
44 |
0,92 |
|
Industria |
14789 |
15.107 |
318 |
2,15 |
|
Construción |
9924 |
10.266 |
342 |
3,45 |
|
Servizos |
101.278 |
100.323 |
-955 |
-0,94 |
|
Sen emprego anterior |
11993 |
11.708 |
-285 |
-2,38 |
|
Total |
142.758 |
142.222 |
-536 |
-0,38 |
Fonte: SEPE.
O único sector no que baixa o paro é nos servizos, “o que demostra unha vez máis a febleza do mercado laboral e do modelo económico implantado en Galiza, baseado no turismo e na hostalaría; isto fai que o noso país sexa o primeiro en padecer calquera oscilación económica que se produza, con perda de emprego e de poder adquisitivo”.
A influencia do sector servizos evidénciase en todos os factores que se poden analizar: é o único que tira do emprego, o paro descende unicamente entre as mulleres e faino nunha gran parte na provincia de Pontevedra. “Trátase polo tanto dunha baixada do paro ficticia, e a finais do mes que vén, unha vez rematada a campaña do Nadal, veremos como o desemprego volve a aumentar de xeito considerábel”.
|
|
|
Evolución |
||
Poboación parada por sexos. |
2022 |
2022 |
Mensual |
||
Sexo |
Novembro |
Decembro |
Absoluta |
% |
|
Homes |
59.459 |
59.848 |
389 |
0,65 |
|
Mulleres |
83.299 |
82.374 |
-925 |
-1,11 |
|
Total |
142.758 |
142.222 |
-536 |
-0,38 |
Fonte: SEPE.
Tamén considera preocupante a caída da afiliación á Seguridade Social, con 5345 persoas menos, a pesar de que se reduciu o paro, o que demostra unha vez máis a debilidade do mercado laboral galego,”ante o que unha parte importante das persoas en idade de traballar optan pola emigración ou abandonan as listas da Seguridade Social ante a imposibilidade de atopar un emprego digno”.
Afiliación á SS |
|
2022 |
Mensual |
||
|
Novembro |
decembro |
Absoluta |
% |
|
A Coruña |
453.537,14 |
450.891,95 |
-2645 |
-0,58 |
|
Lugo |
123.097,81 |
122.473,00 |
-625 |
-0,51 |
|
Ourense |
104.313,76 |
103.915,40 |
-398 |
-0,38 |
|
Pontevedra |
366.658,81 |
364.982,25 |
-1677 |
-0,46 |
|
Total |
1.047.608 |
1.042.263 |
-5345 |
-0,51 |
|
Fonte: Seguridade Social.
Fronte a isto, a CIG insiste ma necesidade de levar a cabo un cambio profundo no sistema económico e social que favoreza a creación de emprego de calidade e que aposte por un maior peso do sector industrial na economía, “porque é o único xeito de que a clase traballadora poida ter salarios dignos”.