
O Hospital de Monforte segue perdendo servizos: agora suprímense as gardas en hematoloxía

A xunta de persoal do Hospital Público de Monforte denunciar a intención de suprimir as gardas de hematoloxía a partir do próximo mes. Explican que as hematólogas “veñen facendo garda dende que chegaron a este hospital” polo que non se entende a supresión cando o centro conta don dúas profesionais e lembran ademais que o servizo de transfusión ten que ter, por lei, persoal especialista as 24 horas.
A xunta de persoal do Hospital Público de Monforte denunciar a intención de suprimir as gardas de hematoloxía a partir do próximo mes. Explican que as hematólogas “veñen facendo garda dende que chegaron a este hospital” polo que non se entende a supresión cando o centro conta don dúas profesionais e lembran ademais que o servizo de transfusión ten que ter, por lei, persoal especialista as 24 horas.
Advirten que ao deixar de facer gardas as hematólogas terase que encargar destas o servizo de medicina interna. Sobre as consecuencias desta decisión, a representación do persoal salienta que moitos e moitas pacientes que ingresarían no Hospital de Monforte terían que trasladarse a Lugo, co que implica de obrigar as familias a ir a tamén a Lugo para poder facer o acompañamento. Ademais, moitos tratamento de oncohematoloxía que se realizan en Monforte pasarían a facerse en Lugo.
O presidente da xunta de persoal, Vicente Vázquez (CIG), denuncia que este decisión supón quitar outro servizo máis ao Hospital de Monforte e afondar no desmantelamento da sanidade pública da comarca, para “seguir reforzando o HULA”. Unha política de centralización dos servizo sanitarios públicos que se afianzou coa supresión das áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, O Salnés e O Barco, a través da lei de saúde de 2018 e a creación de macro estruturas de xestión integradas.
E neste sentido, valora que incluso as hematólogas “poderían deixar de vir a Monforte por considerar o hospital pouco atractivo, xa que ao non facer gardas cobrarán moito menos que en calquera outro hospital”. E mesmo pode acontecer que “as xa están aquí marchen”.
Diante deste deterioro progresivo e o desmantelamento do hospital, a xunta de persoal remitiu escritos ao conselleiro de Sanidade e ao Xerente da área sanitaria manifestando a súa oposición e valora convocar mobilizacións “porque non se pode consentir o que están facendo: cada día contamos con menos servizos e damos peor cobertura á cidadanía”.
Ao HULA facer as mamografías e as consultas de dermatoloxía
Este novo ataque aos servizos sanitarios de proximidade, súmase as denuncias que a CIG-Saúde leva meses realizando. A pasada semana, a central nacionalista alertaba de que estaba chamando a doentes por teléfono para ir ao HULA pasar a consulta de dermatoloxía, sumándose así ás derivacións na realización de mamografías xa que o mamógrafo de Monforte leva meses avaríado.