O Foro de Davos, de empresarios para empresarios

Lucía Converti e Pablo Wahren - 29 Xan 2018

Como en todos os Foros previos, realizáronse mobilizacións sociais en contra do evento, que buscan denunciar que os problemas económicos mundiais non se veñen solucionando coas políticas propostas polos líderes do mundo

 O venres 26 finalizaba a 48ª edición do Foro Económico Mundial de Davos. Este Foro repítese anualmente e, como é sabido, xunta “líderes mundiais”. Presidentes, referentes de recoñecidas ONG, intelectuais, funcionarios e, por suposto, os anfitrións do Foro: empresarios. Como tal, este evento é unha iniciativa privada na que se intentan resolver os problemas do mundo; porén, o espazo sempre se considerou -polo menos desde Latinoamérica- como unha plataforma para que os gobernos expoñan as vantaxes económicas dos seus países e así conseguir que os empresarios invistan.

 Este ano, o Foro contou coa presenza de catro presidentes de Latinoamérica: Temer (Brasil), Macri (Arxentina), Santos (Colombia) e Juan Carlos Varela (Panamá). A presenza dos presidentes de Brasil e Arxentina amostu un obxectivo conxunto de ambos os países, tanto no camiño que están percorrendo individualmente como no que ten a ver co Foro de Davos.

Os discursos de ambos os presidentes centráronse en:

- A loita contra a corrupción e a transparencia (malia estaren ambos involucrados en casos de corrupción).

- O desterro do populismo do poder económico e político nos seus países.

- A vontade de apostar por unha apertura sen control do Mercosur, que pode levar a un refortalecemento da dependencia comercial destes países.

Neste sentido, e en consonancia coas formulacións de fortalecer a globalización e os cambios que iso trae no mercado de traballo, ofreceron como exemplo do seu compromiso cumprir cos puntos cos que este Foro considera que proverá o benestar mundial.

- A apertura comercial e financeira.

- A flexibilización laboral.

  redución de impostos e cargas sociais ás empresas.

Tamén expresaron a vontade férrea de que se leve adiante a firma do Tratado de Libre Comercio do MERCOSUR coa Unión Europea, pedindo que o Foro interveña para resolver algúns temas pendentes como a negativa do sector agropecuario europeo a que iso suceda[1].

 Desta forma, tanto Brasil como Arxentina foron a presentar os deberes feitos para se “reinserir”no mundo promovendo as súas economías primarizadas e o seu mercado laboral flexíbel, de man co que requira a 4ª revolución industrial[2].

 Non moi distinta foi a participación de Santos, quen expresou a necesidade de se comprometer co desenvolvemento sustentábel e a xeración de enerxías limpas, moi acorde coas propostas do primeiro mundo e sen ningunha mención das problemáticas económicas e sociais do seu país.

 Desta forma sélase o compromiso destes países co empresariado mundial: cumprir coas condicións políticas e xurídicas ao servizo dos negocios e non dos cidadáns. Ofrecendo apertura económica, situando os recursos naturais dispoñíbeis no lugar de “fornecedor de materias primas”, poxando as empresas públicas e apostando por un modelo de crecemento baseado nos servizos como o turismo. Reducindo o custo laboral a partir de lle tirar dereitos aos traballadores e diminuír a carga patronal previsional. Reducindo tamén os impostos ás empresas, limitando o accionar dos sindicatos, e reprimindo todas as expresións de desacordo social.

 Neste mesmo marco, cómpre mencionar a idea do Tratado de Libre Comercio coa Unión Europea, afondando o rol de productor primario e abrindo de cheo as portas aos produtos industriais europeos, que logrará un recruacmento da restricción externa rexional.

 Como en todos os Foros previos, realizáronse mobilizacións sociais en contra do evento, que buscan denunciar que os problemas económicos mundiais non se veñen solucionando coas políticas propostas polos líderes do mundo. Que ano tras ano a desigualdade empeora e que os participantes dese evento, entre outros poucos, son os que se apropian da meirande parte da riqueza xerada no mundo.

 En particular, Latinoamérica é unha das rexións máis desiguais do mundo, pero algúns dos seus gobernos hoxe apostan a que as mesmas políticas xa aplicadas anteriormente na rexión teñan un resultado diferente. A única explicación consistente é que quen participa do Foro son empresarios presidentes.

____________________________________________________________________

[1] Escoitar reportaxe a Mauricio Macri logo do seu discurso.

[2] Este foi un dos temas sobre os que xirou o Foro.

____________________________________________________________________

 

[Artigo tirado do sitio web CELAG, do 26 de xaneiro de 2018]