O feminismo galego convoca mobilizacións contra a liberdade provisional dos violadores de 'La Manada'
A Secretaría das Mulleres da CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas este xoves e venres polo feminismo galego para rexeitar a decisión da Audiencia de Nafarroa de deixar en liberdade provisional baixo fianza os violadores de 'La Manada'.
Desde a central fan un chamamento ao conxunto da sociedade galega a mobilizarse unha vez máis contra a violencia patriarcal e contra a xustiza machista que volve golpear nos dereitos das mulleres “porque non hai xustiza posíbel nunha sociedade machista”.
Xoves 21 de xuño:
-Compostela, 21h Praza 8 de Marzo.
-Pontevedra, 20:30h Audiencia Provincial.
-Coruña, 21h Obelisco.
-As Pontes, 21h Praza do hospital.
-Ourense, 21h Praza Maior.
-Ferrol, 21h Xulgados.
Venres 22 de xuño:
-Cangas, 21:15h Praza do Concello.
-Lugo, 20h Praza do Concello.
-Noia, 21h Praza do Concello.
-Vigo, 21h Farola de Urzáiz.
-Ponteareas, 20:30h Xulgados.
-Redondela, 20:30 Xulgados.
-Burela, 21h Concello.
-Cee, 20:30 Praza 8 de Marzo.
-Monforte, 20:30h Praza de España.
-Viveiro, 20h Praza da Fontenova.
-Ribeira, 20h Praza do Concello.