O feminismo galego convoca concentracións o venres 20 de xullo en repulsa á violencia machista
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este venres, 20 de xullo, en varias localidades do país, en repulsa ao feminicidio de María Judite Martins Alves, de 57 anos, degolada polo seu marido na Coruña.
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.
Horas e lugares das concentracións:
- A Coruña, 20h no Obelisco
- Compostela, 20h Praza 8 Marzo
- Ferrol, 20h diante do Concello
- Betanzos, 20h diante do Concello
- As Pontes, 20 h Praza do Hospital
- Ponteareas, 21:30 h diante dos Xulgados
- Ourense, 20h na Castañeira
- Lugo, 20h diante do Concello
- Ribadeo, 20:30h Praza 8 de marzo
- Viveiro, 20 h Praza da Fontenova
- Pontevedra, 20h diante da Audiencia Provincial
- Vigo, 20h no Marco