O feminismo galego convoca concentracións o martes 23 de xullo en repulsa á violencia machista
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este martes 23 de xullo, en repulsa ao feminicidio de María Carmen Vázquez, de 47 anos, que foi degolada polo seu marido, Manuel Vázquez, de 50 anos, quen tiña unha orde de afastamento e do que estaba en trámites de separación. Tras o asasinato, aforcouse.
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta. Non podemos asumir que os feminicidios son inevitábeis. Debemos esixir todos os medios que sexan precisos para garantir unha vida sen violencia para todas as mulleres. O machismo mata!
Horas e lugares das concentracións:
- Porriño, 20:30h Praza do Concello
- Ourense, 20 h, na Castañeira
- Lugo, 20 h diante do Concello
- A Coruña, 20 h, no Obelisco
- Vigo, 20h, no Marco
- Compostela, 20h Praza 8 Marzo
- A Estrada, 21 h diante do Concello
- Ferrol, 20 h Praza de Amada García (diante do Edificio da Xunta de Galiza)
- As Pontes, 20 h, Praza do Hospital, 20h
- Betanzos, 20 h, a carón do Palco da Música
- Moaña, 19.45 h Praza do Concello
- Val Miñor, ás 20h, no Cruce da Ramallosa
- Burela, 20:30 horas, na Praza da Mariña
- Melide, 20h, Praza do convento
- Celanova, 20h, na Praza Maior
- Monforte, 20:30 h, diante do Concello
- O Barco de Valdeorras, 20h, na Praza do Concello
- Carballo, 20h, na Praza do Concello