O feminismo galego convoca concentracións en repulsa á violencia machista
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este martes 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato de Virginia F. no Carballiño.
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.
Lugares das concentracións, ás 20 horas:
-O Carballiño, diante do Concello
-A Coruña, Obelisco
-Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño.
-Ferrol, Praza do Concello
-Vigo, ás 20 horas no Marco
-Lugo, na Praza do Concello
-Ourense, Castañeira (Subdelegación do Goberno).
-Pontevedra, diante da Audiencia provincial