A CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para a tarde deste luns, 7 de outubro, en repulsa ao feminicidio de Fadoua Akkar, esta fin de semana en Domaio (Moaña). A central sindical insta a toda a sociedade a que visibilice o seu rexeitamento aos valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.
02 Feb 2026
25 Xun 2025
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.