O conflito en Ucraína precipita a fin da ‎dominación occidental

Thierry Meyssan - 06 Set 2022

Estados Unidos, Reino Unido e, despois, a Unión Europea e Xapón ‎adoptaron contra Rusia medidas económicas moi duras. Non se atreveron a dicir que estaban ‎a iniciar unha guerra tendente a conservar a súa propia autoridade sobre o mundo e anunciaron esas ‎medidas utilizando o termo «sancións», aínda que non houbo tribunal, alegación de parte dos ‎‎“acusados” nin sentenza

 O conflito en Ucraína, presentado nos medios como unha agresión rusa, é de feito ‎a aplicación da resolución 2202, adoptada o 17 de febreiro de 2015 no Consello ‎de Seguridade da ONU. Francia e Alemaña non cumpriron os compromisos que ‎contraeran no Acordo Minsk II mais Rusia preparouse durante ‎‎7 anos para o facer, o cal significaba asumir este enfrontamento . E tamén previu ‎con moita antelación as sancións occidentais, tanto que en só 2 meses soubo ‎contrarrestalas.

 As sancións de Occidente contra Rusia están a abalar a globalización estadounidense xa que desorganizan as economías occidentais ao ‎interromper as cadeas de aprovisionamento, facendo rebotar os dólares cara a ‎ Estados Unidos e desatando unha inflación xeneralizada, ademais de provocar ‎en Occidente unha grave crise enerxética. Estados Unidos e os seus aliados vense na ‎situación do “cazador cazado”, están a cavar a súa propia tumba. Entrementres, ‎os ingresos do Tesouro ruso medraron nun 32% en só 6 meses.‎

 Durante os 7 últimos anos, as potencias asinantes do Acordo Minsk II (Alemaña, Francia, ‎Ucraína e Rusia) tiveron nas súas mans a responsabilidade de garantir a aplicación dos ‎compromisos inscritos nese documento, avalado e legalizado o 17 de febreiro de 2015 polo ‎Consello de Seguridade da ONU. Con todo, a pesar dos discursos sobre a necesidade de ‎protexer os cidadáns ameazados por o seu propio goberno, ningún deses Estados actuou ‎para garantir a aplicación do pactado en Minsk II. ‎

 O 31 de xaneiro de 2022, mentres se falaba dunha posíbel intervención militar rusa, o secretario ‎do Consello de Seguridade Nacional e Defensa ucraíno, Oleksiy Danilov, lanzaba un desafío a ‎ Alemaña, Francia, Rusia e ao propio Consello de Seguridade da ONU ao declarar: ‎«O respecto dos acordos de Minsk significa a destrución do país. Cando se asinaron, baixo a ameaza armada dos rusos –e baixo a ollada dos alemáns e os franceses– ‎xa estaba claro para todas as persoas racionais que era imposíbel pór en práctica d‎eses documentos».

 Sete anos despois daquel asinamento, a cifra de ucraínos mortos a mans do goberno de Kiev ‎xa era de 12 000 persoas (segundo Kiev) mentres que a Comisión Investigadora rusa contabilizaba ‎máis de 20 000 mortos. Só entón, Moscova iniciou unha «operación militar especial» contra os ‎elementos ucraínos que se identifican a si mesmos como «nacionalistas integristas», mentres ‎que o goberno ruso os cualifica de «neonazis». ‎

 Desde o inicio da súa operación especial, Moscova precisou que as tropas rusas se limitarían a ‎ socorrer os poboadores do Donbass e a «desnazificar» Ucraína, non a ocupala.

 Malia esa ‎clarificación sobre os obxectivos rusos, as potencias occidentais acusaron a Rusia de tratar de ‎tomar Kiev, de querer derrocar o presidente Volodimir Zelenski e de querer anexar Ucraína. ‎Xa hoxe é evidente que as forzas rusas non fixeron absolutamente nada diso. Só despois de ‎que un dos negociadores ucraínos, Denis Kireev, fose executado polo SBU –o servizo de ‎seguridade de Ucraína– e de que o presidente Zelenski suspendese as negociacións con Moscova, ‎o presidente ruso Vladimir Putin anunciou un endurecemento das exixencias rusas. Desde aquel ‎ momento, a Federación Rusa reclama «Novorossia», ou sexa o sur de Ucraína –territorio ‎historicamente ruso desde os tempos da tsarina Catalina II (Catalina a Grande), con excepción ‎dun período de 33 anos. ‎

 É importante entender que se Rusia agardou sete anos antes de tomar a iniciativa, non foi porque ‎Moscova fose insensíbel ao masacre contra os poboadores rusofalantes do Donbass senón porque ‎estaba a prepararse para enfrontar a previsíbel resposta occidental. Segundo a cita clásica do ‎ministro de Exteriores do tsar Alexandre II, o príncipe Alexander Gorchakov:‎ «O Emperador está decidido a dedicar, preferentemente, os seus esforzos ao benestar dos seus ‎súbditos e a concentrar, no desenvolvemento dos recursos internos do país, unha actividade que só iría máis aló das fronteiras cando os intereses positivos de Rusia así o exixan ‎absolutamente. A Rusia repróchaselle illarse e gardar silencio ante feitos que non se corresponden co dereito nin coa equidade. Rusia ponnos mala cara, din. ‎Rusia non pon mala cara. Rusia recóllese.»‎.

 Esta operación policial foi cualificada de «agresión» polas potencias occidentais. ‎Subindo de ton, describiuse Rusia como unha «ditadura» e a súa política exterior cualifícase de «imperialismo». Seica ninguén leu o Acordo de Minsk II, a pesar de que ese documento recibiu a validación do Consello de Seguridade da ONU. Nunha conversa ‎telefónica entre o presidente Putin e o presidente de Francia Emmanuel Macron –conversa ‎divulgada polos servizos da presidencia francesa– o xefe de Estado francés expresa abertamente o seu ‎desinterese pola sorte da poboación do Donbass, ou sexa o seu desprezo polo Acordo de ‎Minsk II. ‎

 Agora, os servizos secretos occidentais corren en auxilio dos «nacionalistas integristas» ‎ucraínos (os «neonazis», segundo a terminoloxía rusa) e, no canto de buscar unha solución pacífica, ‎o que

fan é tratar de destruír a Federación Rusa desde dentro.

 Á luz do Dereito Internacional, Moscova non fai outra cousa que aplicar a resolución que o ‎Consello de Seguridade da ONU adoptou en 2015. Pode reprochárselle o brutal dos seus medios, ‎mais certamente non se pode dicir que actúe con precipitación (despois dunha espera de ‎‎7 anos) nin que a súa actuación sexa ilexítima (ten o respaldo da resolución 2202 do Consello ‎de Seguridade da ONU). ‎

 De feito, os presidentes Petro Porochenko, Francois Hollande, Vladimir Putin e a chanceler ‎alemá Angela Merkel comprometéronse, nunha declaración común anexa á ‎resolución, a facer o mesmo. Se algunha das potencias representadas por eses dirixentes interviñese antes, podería elixir outras formas de actuación… mais ningunha o fixo.

 Se actuase de maneira lóxica, o secretario xeral da ONU tería que chamar á orde os membros do Consello de Seguridade para que non condenasen a operación rusa, cuxo ‎principio aceptaran 7 anos antes –cando aprobaron a resolución 2202.

 Tería que os ter exhortado máis ben a determinar as modalidades da intervención. Pero non o fixo senón que, pola contrario, desviándose do seu papel e póndose do lado do sistema unipolar, o secretario ‎xeneral acaba de impartir a todos os altos funcionarios da ONU en teatros de operacións unha ‎instrución oral para que non se reúnan con diplomáticos rusos. ‎

 Non é a primeira vez que o secretario xeral da ONU infrinxe os estatutos das Nacións ‎Unidas. Durante a guerra contra Siria, o secretario xeral da ONU redactou unhas 50 páxinas ‎sobre unha

renuncia do goberno sirio, dando por certo que habería que privar os sirios da súa ‎soberanía popular e “desbaasificar” o país. Aquel texto do secretario xeral da ONU ‎nunca se chegou a publicar, mais nós analizámolo con espanto neste sitio web. ‎

 En definitiva, o enviado especial do secretario xeral da ONU en Damasco, Staffan ‎de Mistura, viuse obrigado a asinar unha declaración onde recoñecía que aquel texto carecía de ‎valor legal. Pero a instrución do secretariado xeral da ONU que prohibe os ‎funcionarios de Nacións Unidas participaren na reconstrución de Siria segue estando en vigor. É precisamente esa instrución ‎o que mantén paralizado o regreso dos refuxiados sirios á súa terra natal, en contra da ‎vontade non só de Siria senón tamén do Líbano, Xordania e Turquía. ‎

 Durante a guerra de Corea, Estados Unidos aproveitou a política soviética do escano baleiro para ‎impor a súa guerra baixo a bandeira da ONU (naquela época a República Popular China non era ‎membro do Consello de Seguridade). Hai 10 anos, Estados Unidos utilizou o persoal da ONU ‎para desenvolver unha guerra total contra Siria. Actualmente, Estados Unidos vai aínda máis lonxe ‎facéndoa tomar posición contra un membro permanente do Consello de Seguridade. ‎

 Despois de se ter convertido, en tempos de Kofi Annan, nun ente ao servizo das ‎transnacionais, a ONU de Ban Ki Moon e de Antonio Guterres é simplemente un anexo do ‎Departamento de Estado. ‎

 Rusia e China saben, como os demais Estados, que a ONU xa non cumpre as súas funcións. ‎Ao contrario, a ONU está a agravar as tensións e participa en guerras –polo menos en Siria e ‎no Corno Africano. Ante ese novo contexto, Moscova e Pequín están a desenvolver novas ‎institucións. ‎

 Rusia xa non dirixe os seus esforzos cara ás estruturas herdadas da Unión Soviética, como a ‎Comunidade de Estados Independentes (CEI) ou a Comunidade Económica Euroasiática, nin sequera ‎cara á Organización do Tratado de Seguridade Colectiva, tampouco cara ás herdadas dos

‎tempos da guerra fría, como a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa ‎(OSCE). A Federación Rusa concéntrase actualmente no que pode definir os contornos dun ‎mundo multilateral. ‎

 En primeiro lugar, a Federación Rusa está a pór de relevo as accións económicas dos países ‎do grupo BRICS (Brasil, Rusia, A India, China e Sudáfrica), accións que Rusia non reivindica como

‎propias senón como esforzos comúns nos que participa. Trece Estados xa esperan unirse aos ‎BRICS, aínda que ese grupo non se declarou aberto a adhesións. A pesar diso, o poder dos ‎BRICS xa é superior ao do G7. A razón é moi simple, os BRICS actúan mentres que o G7 leva ‎anos facendo declaracións sobre as grandes cousas que vai facer, pero que non acaban de ‎concretarse, mentres que os seus dirixentes se dedican a criticar a quen non están presente para se ‎defender. ‎

 O máis importante é que Rusia está a estimular unha maior apertura e unha profunda ‎transformación da Organización de Cooperación de Xangai (OCS). Até o de agora, a OCS era ‎só unha estrutura de contacto entre os países de Asia Central, ao redor de Rusia e China, ‎creada co fin de contrarrestar e previr as desordes que os servizos secretos anglosaxóns ‎trataban de fomentar nesa parte do mundo. Aos poucos, esa estrutura permitiu que os seus membros se coñezan mellor entre si e estes estenderon os seus traballos a outras cuestións ‎comúns. Ademais, a OCS ampliouse, concretamente coa adhesión da India, Paquistán e ‎Irán. De feito, a OCS encarna actualmente os principios enunciados en Bandung, baseados na ‎soberanía dos Estados e na negociación, fronte aos que propugna Occidente, baseados na ‎conformidade coa ideoloxía anglosaxoa. ‎

 Occidente parola mentres que Rusia e China avanzan. E escribo que “parola” porque as ‎potencias occidentais seguen crendo que os seus acenos pomposos serán dalgunha maneira ‎eficaces. ‎

 Cegados por esa crenza, Estados Unidos, Reino Unido e, despois, a Unión Europea e Xapón ‎adoptaron contra Rusia medidas económicas moi duras. Non se atreveron a dicir que estaban ‎a iniciar unha guerra tendente a conservar a súa propia autoridade sobre o mundo e anunciaron esas ‎medidas utilizando o termo «sancións», aínda que non houbo tribunal, alegación de parte dos ‎‎“acusados” nin sentenza.

Por suposto, en realidade son sancións ilegais xa que foron ‎adoptadas fóra das instancias das Nacións Unidas. Mais os occidentais, que ‎se autoproclaman defensores de «leis internacionais», non están realmente interesados en ‎ respectar o Dereito Internacional. ‎

 Por suposto, o dereito ao veto, prerrogativa dos 5 membros permanentes do Consello ‎de Seguridade da ONU impide a adopción de sancións contra un deles. Pero é así ‎precisamente porque o obxectivo das Nacións Unidas non era aliñarse tras a ideoloxía ‎anglosaxoa senón preservar a paz mundial. ‎

 Agora volvo ao asunto principal: Rusia e China están a avanzar, mais fano a un ritmo moi ‎diferente ao dos occidentais. Transcorreron 2 anos entre o compromiso de Rusia de ‎intervir en Siria e o despregamento de soldados rusos nese país. Rusia utilizou eses 2 anos para ‎terminar de preparar as armas que garantiron a súa superioridade no campo de batalla. No caso ‎de Ucraína, houbo un período de 7 anos entre o compromiso ruso contraído en Minsk II e o inicio ‎da «operación militar especial» no Donbass, 7 anos que Rusia utilizou para prepararse a ‎ contrarrestar as sancións económicas de Occidente. ‎

 É por iso polo que as «sancións» non lograron pór de xeonllos a economía rusa senón que, ‎pola contra, están a afectar duramente a quen as decretou. Os gobernos de ‎Alemaña e Francia están enfrontando xa graves problemas no sector da enerxía, até o punto de ‎que certas fábricas xa están a traballar a media máquina e están en perigo de verse obrigadas a pechar. ‎

Entrementres, a economía rusa está en plena expansión. Despois de vivir 2 meses pendente das súas reservas, Rusia pasou a unha etapa de abundancia. Os ingresos do tesouro ruso incrementáronse nun 32% durante o primeiro semestre deste ano.

 O rexeitamento occidental ao gas ruso non só se traduciu nunha alza dos prezos en beneficio do ‎primeiro exportador mundial –que é Rusia– senón que ademais esa contradición co discurso ‎liberal asustou os demais Estados consumidores, que naturalmente se volveron –para garantir ‎o seu consumo– cara a Moscova. ‎

 China, o coloso que os occidentais teiman en presentar como un vendedor de chatarra ‎que some as súas presas nunha espiral de endebedamento, acaba de anular a maioría das débedas ‎que 13 Estados africanos contraeran con Beijing.

 Ouvimos a diario os nobres discursos occidentais e as súas acusacións contra Rusia e China. Pero ‎tamén comprobamos a diario, se nos detemos nos feitos, que a realidade é o contrario ‎do que nos din. Por exemplo, Occidente explícanos, sen probas, que China é unha «ditadura» e que encarcerou ‎‎«un millón de uigures». Aínda que non dispomos de estatísticas recentes, todos ‎sabemos que en China hai menos presos que en Estados Unidos –a pesar de que Estados Unidos está 4 veces menos poboado que China. Tamén nos din que en Rusia se ‎persegue homosexuais… pero vemos que en Moscova hai discotecas gais máis grandes ‎que en Nova York. ‎

 A cegueira de Occidente conduce a situacións ridiculamente absurdas nas que os dirixentes ‎occidentais xa nin sequera perciben o impacto das súas propias contradicións. ‎Por exemplo, o presidente francés Emmanuel Macron acaba de visitar Alxeria. Está a tratar de ‎reconciliar os dous países… de comprar gas para contrarrestar a escaseza que el mesmo contribuíu ‎ a provocar.

 Macron sabe que chega demasiado tarde –despois de que os seus “aliados” ‎‎(Italia e Alemaña) xa fixeron as súas propias compras– mais teima en crer, erroneamente, ‎que o principal problema franco-alxerino é a colonización. Macron non ve que é imposíbel que ‎Alxeria confíe en Francia porque Francia apoia precisamente os peores inimigos de Alxeria –‎os yihadistas de Siria e do Sahel. Macron é incapaz de ver o vínculo entre a súa ausencia de ‎relacións con Siria, a recente expulsión das tropas que Francia despregara en Mali ‎‎e a frialdade de o seu recibimento en Alxeria. ‎ É certo que os franceses non coñecen realmente os yihadistas. Acaban de pechar, como o ‎máis célebre do século, o xuízo sobre os atentados perpetrados en París o 13 de novembro ‎de 2015, sen ter sido capaces de formular o asunto dos apoios estatais aos yihadistas. ‎Desa maneira, no canto de mostrar o seu sentido da xustiza, os franceses demostraron a súa ‎propia covardía. Mostráronse

aterrorizados por un grupiño de yihadistas, mentres que ‎Alxeria loitou contra ducias de miles durante a súa guerra civil e segue enfrontándoos agora ‎no Sahel. ‎

 Mentres Rusia e China avanzan, Occidente nin sequera mantén as súas posicións senón que retrocede. ‎E seguirá caendo mentres non logre clarificar a súa política, mentres non poña fin á súa ‎dobre vara moral e mentres non renuncie ao seu dobre xogo. ‎

_____________________________________________________________________________

[1] "Ukraine security chief: Minsk peace deal may create chaos, Yuras Karmanau, Associated Press, 31 de xaneiro ‎de 2022.

[2] «La estrategia de Occidente para desmantelar la ‎Federación Rusa», por Thierry Meyssan, ‎‎Rede Voltaire, 18 de agosto de 2022.

[3] «Documento interno de la ONU. Parámetros y principios de la asistencia de la ONU en Siria», por Jeffrey D. Feltman, ‎‎Rede Voltaire, 15 de outubro de 2017.

[4] "Meeting with Head of the ‎Federal Taxation Service Daniil Yegorov", ‎‎The Kremlin, 25 de agosto de 2022.

[5] «Mali ante las contradicciones de Francia», por Thierry Meyssan, ‎‎Red Voltaire, 23 de agosto de 2022.

_____________________________________________________________________________

 

[Artigo tirado do sitio web Rede Voltaire, do 30 de agosto de 2022]