O comité de Vitrasa convoca tres xornadas de folga completa os tres últimos días da Reconquista
O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, decidiu hoxe convocar folga tres xornadas de folga de 24 horas o 31 de marzo e 1 e 2 de abril, coincidindo cos tres últimos días da festa da Reconquista para reclamar a negociación dun convenio colectivo digno. Ao mesmo tempo, a representación dos traballadores/as anunciou a celebración dun manifestación que percorrerá as rúas da cidade o venres 31 dende o cruce dos Choróns até Praza de Compostela ás 19:30 horas.
Segundo explican dende o comité, o Concello púxose en contacto coa representación sindical para ofrecerlle una xuntanza coa empresa na que os responsábeis municipais exercerían a mediación. Isto abre unha posibilidade de atopar unha solución ao conflito no caso de que as partes asinen un acordo, aínda que dende a representación dos traballadores/as prefiren manter a cautela.
“Non temos moitas expectativas con respecto a esta reunión, xa que hai 10 días a propia empresa reiteraba que non ía negociar nada con nós”, sosteñen os delegados da CIG no comité de Vitrasa. Neste senso, lembran que xa noutras ocasións “temos pecado de inxenuos/as ao paralizar as mobilizacións a cambio de boas palabras, e non imos caer novamente na trampa”.
Por iso queren deixar moi claro que as protestas cesarán no caso de que se asine un acordo, que terá que ser aprobado en asemblea polo cadro de persoal. “Ademais, tendo en conta que a oferta de diálogo non vén da empresa, o máis sensato é manter a prudencia”.