O comité de Forvia en Ourense convoca unha manifestación en defensa do emprego
O comité de empresa de Forvia en Ourense convoca para este xoves día 5 unha manifestación en defensa dos postos de traballo na compañía dedicada á fabricación de compoñentes para a industria da automoción. A marcha arrincará dende a Casa de Chocolate ás 19:00 horas e rematará diante do Concello, na Praza Maior.
Forvia, que naceu tras a adquisición da firma alemá Hella por parte do grupo francés Faurecia e que en Galiza conta con centros de traballo en Ourense e Vigo, anunciou o ano pasado a súa intención de desfacerse de 10.000 persoas traballadoras en toda Europa. Na factoría ourensá pactáronse polo de agora un total de 27 saídas voluntarias.
Dende a representación sindical (8 delegados/as da CIG, 4 de CCOO e da 1 UGT) reclaman garantías para o mantemento do emprego nos vindeiros ante o proceso de desinvestimentos no que está inmerso a compañía
Mais o fabricante francés pretende recortar unha parte importante do seu persoal europeo, nunha estratexia para competir en mellores condicións coas empresas asiáticas na transición cara aos vehículos eléctricos.