O comité de ENCE modifica os días de folga unha vez que a empresa comunicou a presentación do ERE
O comité de empresa da fábrica de ENCE en Pontevedra vén de anunciar a modificación dos días de folga previstos inicialmente unha vez que a dirección comunicou o inicio das negociacións do ERE co que pretende desfacerse tanto de persoal de fábrica como de oficinas, cuxa presentación está prevista para o vindeiro 20 de novembro en Madrid.
De xeito que as xornadas de paro desenvolveranse das 6:00 horas do día 21 ás 6:00 do 23 (afectando polo tanto as quendas dos días 21 e 22); das 6:00 do día 28 ás 6:00 do 30 (quendas do 28 e do 29); das 6:00 do 5 de setembro ás 6:00 do día (quendas do 5 e do 6); das 6:00 do 10 ás 6:00 do 11 (quendas do 10); das 6:00 do 13 ás 6:00 do 14 (quendas do 13); das 6:00 do 16 ás 6:00 do 17 (quendas do 16); e das 6:00 do 18 ás 6:00 do 19 (quendas do 18).
Con todo, dende a representación do cadro de persoal adiantan a posibilidade de promover novas xornadas de paros de 24 horas en función de como vaia evolucionando o conflito e o proceso negociador aberto pola compañía.