O comité da Autoridade Portuaria de Vigo mobilízase contra as privatizacións e a redución de persoal
O comité de empresa da Autoridade Portuaria de Vigo iniciou hoxe un calendario de mobilizacións para denunciar a problemática laboral que se vive no organismo público e o feito de que non se teña en conta a seguridade de empregados/as e usuarios/as. En concreto, alertan sobre as “privatizacións encubertas” de servizos, a “drástica” redución do cadro de persoal e a falta de información aos representantes dos traballadores/as.
Segundo explican dende o comité de empresa da Autoridade Portuaria de Vigo -presidido pola CIG-, coas protestas iniciadas esta mañá diante da sede do organismo na Praza da Estrela pretenden denunciar a “problemática actual e a gravosa situación de cara ao futuro” que atravesa a entidade.
En concreto, apuntan ás privatizacións encubertas de servizos “sen a motivación previa” e á falta de información ao comité de empresa “esixidos no II Convenio Colectivo de Portos do Estado e Autoridades Portuarias”. Ademais, critican que o cadro de persoal se tivese reducido “drasticamente” nos últimos anos.
“A Autoridade Portuaria ten un claro plan de redución de empregados/as no que non se teñen en conta nin os dereitos laborais nin o bo funcionamiento dos servizos básicos, sacrificando en moitos casos a seguridade de usuarios/as e traballadores/as”. Neste senso, sinalan que curiosamente a taxa de reposición é negativa para o personal de convenio, “pero sen embargo o de fóra de convenio no só non se reduciu senón que aumentou”.
"Péchanlle as portas ao comité"
Ao mesmo tempo, lamentan que os responsábeis da Autoridade Portuaria lle estean “a pechar as portas” ao comité de empresa, negándolle información e capacidade negociadora, rexeitando unha e otra vez as xuntanzas que se solicitan o dilatando as decisións no tempo, “enviando ás reunións a interlocutores/as que non teñen capacidade de decisión”.
Diante disto, advirten que a negación de información é un feito denunciábel e que a transparencia dentro dun organismo público “é unha cualidade básica e indispensábel”. Finalmente, lamentan “o desencanto e a falta de motivación” que se xenerou no Porto de Vigo dende que Enrique López Veiga preside a entidade, ao tempo que anuncian que a próxima mobilización terá lugar -no caso de que non sexan recibidos polo presidente do organismo- este venres diante do edificio de sesións do peirao de trasatlánticos ás 10.00 horas, coincidindo coa celebración do consello de administración.