O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG celebra a súa I Xornada de Debate e Convivio

Terá lugar o vindeiro venres, día 6 de outubro, na Nave de Vidán, en Compostela
Nacional - 22 Set 2023

O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG anuncia a convocatoria da I Xornada de Debate e Convivio, que se celebrará o vindeiro venres, día 6 de outubro, na Nave de Vidán, en Compostela.

Entre as 10 e as 14:00 horas as e os asistentes debaterán sobre a necesidade de defender o sistema público de Pensións e sobre a Situación da atención á dependencia, para analizar as súas deficiencias e apuntar as demandas do colectivo a este respecto.

Posteriormente celebrarase un xantar –do que informan que terá un prezo axustado- tras do que se poderá gozar dunha sobremesa musical, entre as 16:00 e as 18:00 horas.

Para participar é preciso inscribirse escribindo colectivo colectivopensionistas@galizacig.gal antes do día 27 de setembro.