O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG de Vigo mobilizarase polo dereito a unha atención bancaria digna

Convoca unha concentración este martes 15 no cruzamento de Colón para rexeitar os abusos das entidades financeiras

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG de Vigo desenvolverá unha mobilización este martes 15 de febreiro no cruzamento de Colón ás 11:00 horas para reivindicar o dereito a contar cunha atención bancaria digna e para rexeitar os abusos das entidades financeiras.

Volver