Mobilizacións o xoves por un sistema de pensións que permita “vivir con dignidade e sen penurias”
O colectivo de xubiladas/os e pensionistas da CIG mobilizarase novamente, o vindeiro xoves, día 7 de novembro, nas sete cidades galegas para reclamar que a contía mínima das pensións sexa igual ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) para poder “vivir con dignidade e sen penurias”.
O colectivo demanda que se fixe por lei a igualación das pensións mínimas e do SMI, que “debería ser de 1.253€, que é o 60% do salario medio, tal e como se recolle na Carta Social Europea”. Mais tamén que se revaloricen conforme o IPC acumulado a final de ano e que se recupere o poder adquisitivo perdido coa introdución, en 2021, do índice do IPC medio.
O colectivo exixe ademais a derrogación da reforma das pensións, desde a de 2011 até o último acordo de reforma deste ano que, advertiron que “vai dificultar, aínda máis, o acceso á pensión para moitos traballadores e traballadoras”.
Concentracións
A CORUÑA- 11:00 h. Oficina Seguridade Social de San Pedro de Mezonzo. R) Felix Estrada Catoira
COMPOSTELA- 12:00 h. Praza do Toural
FERROL- 11.30 h. diante do INSS (Rúa Catalunya)
LUGO- 11.30 h. diante do INSS (Ronda Xosé Castiñeira)
OURENSE- 11.30 h. Diante do INSS (Rúa Concello)
VIGO- 11:00 h. nas Travesas (a carón do Centro Comercial Camelias (Praza América)
PONTEVEDRA- 11.30 h. Praza da Peregrina