O cada vez maior peso do turismo na economía galega tradúcese nunha importante suba do paro tras o período estival

A última reforma laboral non logra reducir a elevada precariedade e estacionalidade do emprego
Nacional - 02 Out 2024

A estrutura produtiva galega, con cada vez maior peso do sector servizos -e dentro deste o turismo- ten un claro reflexo nos principais indicadores do mercado de traballo. De xeito que ao rematar o período estival, ano tras ano, rexístrase a unha forte caída da afiliación á Seguridade Social (SS) e un importante incremento das persoas rexistradas como paradas no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

O pasado mes de setembro non foi unha excepción, xa que rematou cunha media de 7041 persoas menos afiliadas á SS e con 2314 persoas máis rexistradas como desempregadas no SEPE. Unhas estatísticas que amosan claramente o carácter estacional da economía galega, unha eiva que a última reforma laboral aprobada polo Goberno español non foi quen de reducir.

Persoas desempregadas por provincias.

 

Agosto

Setembro

Absoluta

%

A Coruña

47.118

47.812

694

1,5

Lugo

11.424

11.833

409

3,6

Ourense

14.288

14.692

404

2,8

Pontevedra

45.848

46.655

807

1,8

Total

118.678

120.992

2.314

1,9

Fonte: SEPE.

En consonancia cos datos do SEPE, os datos de afiliación á Seguridade Social reflicten unha forte caída, con 7041 persoas afiliadas menos de media que en agosto. A meirande parte desta baixada rexistrouse no réxime xeral (7267 persoas), até o punto de que o descenso neste réxime é superior á caída global (7041 persas). Esta caída foi compensada en parte ca medra da afiliación do R.E. agrario, no que se rexistraron 1295 persoas afiliadas máis que no mes de agosto.

Persoas afiliadas á Seguridade Ssocial por provincias. Total réximes.

Afiliación á SS

 

 

Variación

 

Agosto

Setembro

Absoluta

%

A coruña

473.831

471.080

- 2.751

- 0,6

Lugo

128.357

127.020

- 1.337

- 1,0

Ourense

107.493

107.380

- 113

- 0,1

Pontevedra

383.204

380.364

- 2.840

- 0,7

Total

1.092.885

1.085.844

- 7.041

- 0,6

Fonte: Seguridade Social.

A maior parte do descenso rexístrase entre as persoas con contrato temporal, sexa a tempo completo ou parcial. E medra a afiliación entre as persoas con contrato indefinido a tempo parcial ou con fixo-descontinuo. Malia isto, a porcentaxe de persoas afiliadas ao réxime xeral cun contrato non indefinido atinxe unicamente o 24,6% das persoas asalariadas.

Cambio de modelo

En consecuencia, a CIG se gue a insistir na necesidade dun cambio no modelo produtivo que pase por reducir a dependencia da economía galega do sector servizos, en especial das actividades máis precarias como a hostalaría ou o turismo.
Unha precariedade que para o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria, Paco Sío, se reflicte nos datos de afiliación á Seguridade Social: “Por moito que a propaganda do Goberno español sosteña o contrario, o certo é que se segue a abusar da contratación temporal”.

Para o responsábel sindical atopámonos pois diante dun mercado laboral feble, marcado pola precariedade e a contratación temporal, e incapaz de crear emprego de calidade, “o que demostra a necesidade de derrogar a reforma laboral de 2012 e evidencia que a de 2021 acentúa a precariedade, até o punto de que a carestía da vida, os elevados prezos da vivenda e a imposibilidade de atopar un emprego de calidade impiden que a clase traballadora teña acceso a unha vida digna”.